Poly Novoa

 
  O equipo de alcalde de Ourense cometeu unha falla "da máis elemental educación e de protocolo" o non invitar o PP a inauguración do sistema de préstamo de bicicletas, dí agora o voceiro do Partido Popular, Enrique Novoa.
 
 
O voceiro do PP denuncia agora "unha falla de protocolo" do equipo do alcalde
21 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

O voceiro do Partido Popular no Concello de Ourense, Enrique Nóvoa López, considera que o equipo de goberno do alcalde, Francisco Rodríguez, cometeu unha falla “da máis elemental educación e de protocolo” ó non invitar o grupo popular á inauguración do sistema de préstamo de bicicletas.
Segundo Poly Novoa, “eu sei porque non o fan, se o concelleiro de Medio Ambiente invita ó Grupo Popular, tería moita dificultade de facer valer os méritos do seu goberno diante dunha iniciativa que hoxe é unha realidade gracias o goberno do PP.”
Deste xeito, Nóvoa referíuse a que, según o xefe da oposición, "esta inauguración é posible gracias ó convenio asinado en 2006, cando gobernaba o PP, e gracias á adxudicación levada a cabo nos primeiros meses de 2007, cando eu era alcalde”.

“Entendo que é unha falta de protocolo e de tacto político que non sexa invitado o grupo do PP", insiste Poly Novoa, porque a xuizo do voceiro do PP "en primeiro lugar, porque somos o grupo maioritario da corporación e o que tivo o maior respaldo popular nas eleccións.; en segundo lugar e non menos importante, porque todos os grupos deben estar presentes en estos actos, e, finalmente, porque fumos os artífices do que se está a inaugurar, como de moitas cousas que o goberno está a vender”.

Volver atras Imprimir Página
 
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital