Enrique Novoa

 
  "Falsos exercicios de transparencia" é o que lle parece o xefe da oposición no Concello de Ourense o anuncio do tenente de alcalde de colgar na web do Concello os gastos da súa viaxe a Uruguai e Arxentina.
Poly Novoa pensa que se trata de realmente de ocultar o despilfarro do bipartito, e advirte que houbo un día en que a cidade se quedou sin alcalde.
 
 
Poly Novoa advirte de "falsos exercicios de transparencia" do BNG para ocultar o despilfarro do bipartito
11 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL
   

“O que plantexa Alenxandre Sánchez –sinala Enrique Nóvoa López, Poly– é un exercicio de demagoxia. Se quere presentar as súas contas que non veña con anuncios, senón con feitos, que as presente xa”, sinala o portavoz do Grupo do Partido Popular no Concello de Ourense saíndo ó paso das recentes declaracións do tenente de alcalde do BNG en relación ó seu suposto exercicio de transparencia, anunciando que publicará na web do Concello os gastos da súa viaxe a Uruguai.
“O que ocurre, –engade Poly Novoa – é que Sánchez Vidal decatouse de que xa hai moita xente que comenza a sospeitar de que o modelo de goberno que plantexan o BNG e o PSOE en Ourense representa un despilfarro para a nosa cidade e quere ocultar esa situación cunha aparente transparencia que non aporta ningunha novidade fronte o goberno do Partido Popular”.

O portavoz do PP, oposición no Concello de Ourense, criticou a postura de Sanchez Vidal, “porque a transparencia dos gastos de protocolo xa existía co goberno do Partido Popular. Todos os gastos, todas as facturas, estiveron sempre á disposición dos partidos da oposición a través da intervención. Outra cousa é que os grupos da oposición nunca se molestaran en mirar nin un solo papel que non supuxera para eles algún rédito político".
A título de exemplo, Enrique Nóvoa Poly lembrou que, “nos doce anos de goberno do PP as únicas viaxes institucionais que se fixeron foron para irmanamentos, nos que participaban tamén os concelleiros da oposición, e viaxes á Comisión Europea, en Bruxelas, para asinar programas comunitarios dos que logo obtivemos importantes recursos económicos adicionais". O portavoz do PP afirma que cada vez que viaxou sendo concelleiro do equipo de goberno ou alcalde "paguei a miña viaxe do meu peto e creo lembrar que en doce anos no goberno debín pasar, como moito a factura dunha comida”.
Engade o portavoz do PP que, " por moi austero que fora Sánchez Vidal no seu periplo por América, e moito máis gasto que non facelo. En canto ós beneficios que tal viaxe representará para a cidade, aínda están por ver”.

Non se fían

“Ademais dos trescentos mil euros que costa máis o goberno bipartito fronte ó anterior do PP, as declaracións de Sanchez Vidal poñen de manifesto que o actual equipo, nada máis iniciar a súa andaina ten previsto facer gastos en viaxes e outras actuacións que non se facían cando nós estabamos no goberno”.
O Grupo Municipal do Partido Popular ten previsto fiscalizar a través da comisión de economía e facenda as facturas dos gastos de protocolo do actual goberno, “na actualidade, o concello de Ourense ten un único teniente de alcalde que custa moito máis que todos os que había no anterior goberno: ten coche con chófer, o seu propio gabinete e un equipo de asesores".
Aínda así, o xefe da oposición repara no feito que se producíu cando Sánchez Vidal estaba en América e o alcalde de viaxe en Madrid, "que a cidade quedou sen alcalde accidental por non haber máis dun tenente de alcalde".

 
 
 
Volver atras Imprimir Página  
REDACCIÓN de Ourense Dixital