Enmerdarlle a plana a Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, que pechou as piscinas de Monterrei de xeito anticipado. Esa pensa o concelleiro de Deportes do PP que é a razón verdadeira de que a concellería de Deportes do Concello de Ourense fixera o mesmo coas piscinas de Oira.
Segundo Mario Guede non hai xustificación para o peche, e que o que hai é o feito de que as piscinas pecharon cando máis calor está a facer na cidade.
 
 
Guede dí que non hai xustificación para pechar as piscinas de Oira  
11 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

A concellería de deportes pecha as piscinas públicas de Oira cando a cidade de Ourense vive as semanas de máis calor de todo o verán, sinala o concelleiro de Deportes do Partido Popular no Concello de Ourense. Para Mario Guede, representante tamén do Grupo Popular no Consello Municipal de Deportes, esta medida pon de manifesto a falla de sensibilidade do goberno municipal ás necesidades dos veciños. “Non ten sentido pechar unhas instalacións de ocio como as piscinas públicas de Oira xustamente cando máis demanda se produce delas, e non hai máis xusfiticación para facelo que o feito de que o concelleiro de Deportes, que é do BNG non lle queira enmendar á plana á Dirección Xeral de Deportes da Xunta, tamén do BNG, que pechou anticipadamente as piscinas de Monterrei”, sinala Mario Guede.

Advirte o concelleiro de Deportes do PP que, "para despistar", o BNG "acusa de algo ó PP en vez de asumir a súa responsabilidade". Refírese Mario Guede a acusación de non manter debidamente as piscinas de Oira, ó que responde o concelleiro popular que "é unha mentira que cae polo seu propio peso, xa que cada ún dos doce anos de goberno do PP as piscinas recibiron puntual servicio de mantenemento. Do contrario, non estarían como están, abertas ó público cada tempada, se temos en conta que se trata de instalacións inauguradas en 1973".
"De non ter feito investimentos como falsamente acusa o BNG, non poderían funcionar, especialmente tras os invernos nos que se produce o asolagamento das piscinas públicas polas crecidas do Miño", engade Mario Guede.
Guede aproveitou para lembrar que durante o mandato do PP, ó peche da tempada das piscinas quedaba supeditado ás concidións climáticas.”Polo xeral rematábamos co verán, é dicir, a mediados de setembro, pero se as condicións climáticas o aconsellaban, como é o caso do presente ano, aguantábamos as piscinas abertas ate o final de setembro. É certo que esta semana comeza o curso para os rapaces de primaria. Pero teñen as tardes libres todo o mes, e aínda están de vacacións os rapaces de secundaria e bachalerato”.

Mario Guede lembrou que non hai custes adicionais no presente ano, xa que “o persoal das piscinas é municipal e os socorristas prestan os seus servicios mediante un convenio con Protección Civil que, no caso actual ten que resultar moito máis fácil de facer por canto Protección Civil e Deportes recaen no mesmo concelleiro. Ademais este ano prestaron servicio a metade dos socorristas polo que non tería que haber problema para prorrogarlle a estes a súa estancia nas piscinas”.

Volver atras Imprimir Página
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital