O PSOE sigue vendo a Isáac Vila, o alcalde de Xinzo, detrás de canta movilización se articula en contra da ZEPA. Os socialistas din que por motivos persoais, incluso, xa que lembran que foi o hoxe conselleiro sendo entón deputado provincial, quen apartou a Vila da vida pública durante unhos cantos anos.
Ademáis, o portavoz dos socialistas en Xinzo denuncia que agora xa non só se presiona aos agricultores para que digan non a ZEPA, senón tamén aos traballadores do Concello de Xinzo.
 
 
 
O PSOE insiste en que o alcalde de Xinzo é o instigador do nón a ZEPA e denuncia que se presiona aos traballadores do Concello
5 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Partido Socialista da Limia asegura que “o Partido Popular non só está presionando aos agricultores e gandeiros senón que agora tamén presiona politicamente aos traballadores do Concello para que acudan ás manifestacións orquestradas polo alcalde”. Estas afirmacións prodúcense despois da manifestación que percorreu as rúas de Xinzo de Limia o pasado día 2, e na que, segundo os organizadores, tomaron parte máis de tres mil persoas.
Sin embargo, para o portavoz socialista, Manuel Cabas, “a manifestación foi unha auténtica vergoña. Só pretendía ser unha demostración da forza do Señor Isaac Vila quen sabe perfectamente os importantes beneficios que a declaración de zona ZEPA suporá para toda a comarca". O portavoz socialista sostén que "o único que pretende este personaxe arcaico é facer méritos diante dos dirixentes do Partido Popular para repetir como senador nas vindeiras Eleccións Xerais".
O portavoz socialista afonda nas súas críticas ao senador popular, Isáac Vilar, e lémbralle aos veciños do concello e da comarca que "durante a presente lexislatura o Sr. Vila, sendo senador en Madrid aínda non fixo ningún traballo político que tivera repercusión positiva na Limia".

Os socialistas de Xinzo sosteñen que o que califican de "campaña de manipulación" en contra da ZEPA, está "dirixida por Isácc Vila", e tamén está motivada "pola loita persoal que mantén co conselleiro de Medio Ambiente e secretario provincial do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez".
A este respecto, o portavoz do PSdeG-PSOE en Xinzo lembra que "foi Manuel Vázquez quen o apartou da vida política durante seis anos por sentencia do Tribunal Supremo que o inhabilitou para cargo público", sendo un e outro deputados na Deputación de Ourense.

Por último, os membros do Partido Socialista na Limia critican tamén "o posicionamento e a actitude do presidente da Asociación de Comerciantes quen encabezou a manifestación de en nome de dita asociación, sen convocar aos seu socios para informalos deste tema, e coñecer o sentir da maioría dos comerciantes".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital