No ano 2004 o PP xa encargou a unha consultora un estudo para crear unha ZEPA na Limia.
No ano 2005, o que por entonces era delegado de Medio Ambiente, Agustín Prado Verdeal, remitiu un informe no que pedía que se ampiaran os límites da zona.
Así o denuncia o portavoz do PSOE no Concello de Xinzo, que advirte que os intereses do alcalde, Isáac Vila, ademáis de políticos poiden ter que ver coas empresas adicadas a comercilizar productos fitosanitarios das que é accionista.
 
 
O PSOE revela que no ano 2004 o PP xa propoñía na Limia unha ZEPA e incluso encargou un estudo
3 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

O portavoz socialista no Concello da Limia, Manuel Cabas López, acusa aos dirixentes do Partido Popular de ter "amnesia política" e de levar semanas "facendo unha amplia campaña baseada na confusión e no engano buscando un puñado de votos fáciles". As afirmacións de Cabas López vólvense a producir a raíz da postura do Partido Popular contraria a declaración de 10.000 hectáreas de A Limia como Zona de Especial Protección de Aves, ZEPA.
Cabas acusa concretamente ao rexedor municipal de Xinzo, Isacc Vila Rodríguez, de exercer de líder dunha plataforma que "aínda que se autopresenta como defensora dos intereses de agricultores e gandeiros, o único que busca é a rendibilidade política e económica". E engade: "Non podemos esquecer que o Sr. Vila é accionista en empresas adicadas á comercialización de fitosanitarios. Se realmente vixiara polos intereses dos veciños da Limia, recoñecería as vantaxes que para a comarca vai supoñer a declaración da zona ZEPA".

Os precedentes do PP

“É mentira -explica Cabas- que o PP se opuxera á declaración da ZEPA xa cando gobernaba como dí o Sr. Baltar. No 2004, ano no que gobernaba o Partido Popular, a consellería de Medio Ambiente a través o seu delegado provincial, Agustín Prado Verdeal, encargou a unha consultora un estudio titulado Proposta de delimitación dunha zona de especial protección para as aves na comarca da Limia. Nese estudo proponse o establecemento da ZEPA na Limia”, asegura o portavoz do PSdeG-PSOE no Concello de Xinzo.

Os socialistas de Xinzo de Limia pregúntanse "como os señores e señoras do Partido Popular teñen a caradura política de criticar a ZEPA cando no 2005, Prado Verdeal remitiu á Xunta un informe pedindo o incremento dos límites da zona ZEPA. O problema é que como perderon o Goberno da Xunta, xa non a puideron declarar a Limia como zona ZEPA por decreto, sen consultar a ninguén, ao igual que fixeron coas outras 14 existentes en Galicia".
O PSdeG-PSOE recorda que o Partido Popular estableceu por decreto, sen consultar a agricultores nin gandeiros, 14 zonas ZEPA, lembra Cabas López, ao tempo que insiste en que "esta é a primeira vez que se expón publicamente e se da toda a información existente sobre a declaración de Zona de Especial Protección de Aves e se da un prazo para presentar alegacións".

Todo seguirá como está

Manuel Cabas insiste en que "os agricultores da Limia seguirán cultivando o que desexen, o que leven cultivando dende sempre" e, explica que unha cousa e outra, ZEPA e os actuais cultivos, vencéllanse mutuamente: "declárase zona ZEPA porque se dan as condicións de cultivo necesarias para que especies de aves en perigo de extinción en toda Europa vivan na Limia. Se se cambian eses cultivos as aves migrarían a outro lugar e non tería sentido establecer unha ZEPA na Limia".
O PSdeG-PSOE pide aos dirixentes populares que expliquen as razóns polas que cando eles gobernaban a ZEPA era boa para a Limia e agora que xa non están no poder a ZEPA é mala.
Cabas López dí que "os proxectos ou son bos ou son malos, pero non son bos ou malos segundo quen goberne. Este cambio de postura do Partido Popular responde a estratexia que está a seguir para descualificar, sen argumentos, todo o que fai o Partido Socialista".

 
 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital