Home  
 
 
 
 

Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural

 
  Aos efectos da creación de plans forestais e o desenrolo de traballos silvícolas, Ourense queda dividido en 5 distritos e 18 demarcacións, segundo ven de aprobar o Consello da Xunta de este xoves a proposta de Medio Rural. Os distritos son os de O Ribeiro-Arenteiro, con 3 demarcacións; Arnoia, con outras tantas; e Valderoras-Trives, Verín-Viana e A Limia con catro demarcacións cada unha destas tres.
 
 
Medio Rural estrutura Ourense en 5 distritos e 18 demarcacións a efectos da ordenación dos recursos forestais da provincia
29 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Consello da Xunta ven de aprobar este xoves un decreto elaborado pola Consellería do Medio Rural, que permitirá a realización de traballos silvícolas e a creación de plans forestais por distrito para facilitar a ordenación e valorización do monte de acordo co aproveitamento da estrutura actual de zonificación.
O obxectivo deste decreto "consiste en determinar o ámbito de aplicación dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais para Galiza, coa delimitación dos territorios forestais que, en concreto, serán os 19 distritos forestais correspondentes", sinala Medio Rural.
Se recorda ao respecto que a Lei de Montes estatal establece que, con carácter previo á elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais, as comunidades autónomas definirán os territorios que teñen a consideración de monte e á proposta do seu órgano forestal delimitarán os territorios forestais que se deberán dotar do correspondente plan.

Distritos de Ourense

O ámbito de aplicación dos plans de ordenación no caso da provincia de Ourense, realizarase de acordo coa seguinte zonificación por distritos forestais:

- Distrito Forestal XI. O Ribeiro - Arenteiro:
• Demarcación do Carballiño 1: concellos do Carballiño, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
• Demarcación do Carballiño 2: concellos de Beariz, Boborás e O Irixo.
• Demarcación do Ribeiro: concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
 
- Distrito Forestal XII. Miño - A Arnoia:
• Demarcación de Allariz - Maceda: concellos de Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Paderne de Allariz e Taboadela.
• Demarcación de Ourense: concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín.
• Demarcación da Terra de Celanova: concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
 
- Distrito Forestal XIII. Valdeorras - Trives:
• Demarcación da Terra de Caldelas: concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
• Demarcación da Terra de Trives: concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
• Demarcación de Valdeorras 1: concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
• Demarcación de Valdeorras 2: concellos de Carballeda de Valdeorras e A Veiga.
 
- Distrito Forestal XIV. Verín - Viana:
• Demarcación de Verín 1: concellos de Castrelo do Val e Laza.
• Demarcación de Verín 2: concellos de Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós.
• Demarcación de Viana 1: concellos da Gudiña e A Mezquita.
• Demarcación de Viana 2: concellos de Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
 
- Distrito Forestal XV. A Limia:
• Demarcación da Limia 1: concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos.
• Demarcación da Limia 2: concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira e Rairiz de Veiga.
• Demarcación da Baixa Limia 1: concellos de Bande, Lobios e Muíños.
• Demarcación da Baixa Limia 2: concellos de Entrimo e Lobeira.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital