Home  
 
 
 
 

Alfredo Suárez Canal

 
  CC.OO. e CSIF "seguen instalados na falsidade e na mentira para desprestixiar o Servizo de Defensa contra Incendios Forestais", sinala nun comunicado a Consellería de Medio Rural. Segundo a Consellería de Suárez,  "non se poden incorporar as melloras inicialmente introducidas no convenio polo recurso presentado e porque estes sindicatos non asinan a aplicación das melloras".
 
 
Medio Rural acusa a CC.OO. e CSIF de mentir e de atrancar as melloras acadadas para os traballadores do lume
6 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Despois de que os delegados de Comisions Obreiras e da CSIF reanudaran as movilizacións contra Medio Rural pola non incorporación aos seus postos de traballo dos 610 traballadores do lume da Xunta de Galicia, a Consellería resposta aos sindicatos chamándolles falsos o mentireiros e cargando sobre eles toda a responsabilidade de que "non se poden incorporar as melloras inicialmente introducidas no convenio".
Medio Rural sinala que "CC.OO. e CSIF continúan instalados na falsidade e na mentira, xa que non é certo que se suplante o traballo dos fixos-descontinuos durante a tempada de inverno, posto que a súa contratación está ligada á regulación do convenio colectivo vixente, que estes sindicatos asinaron no seu día coa Administración anterior".
Segundo Medio Rural, na actualidad os labores desenvolvidos por un número "moi reducido" de traballadores da empresa pública Seaga "son principalmente de carácter silvícola, polo que non existe usurpación nin suplantación de postos de traballo dos fixos-descontinuos contra incendios".

Así mesmo, sinala Medio Rural que as melloras laborais introducidas no convenio dos fixos-descontinuos que reclaman agora as organizacións sindicais mencionadas, "foron negociadas durante o pasado ano e non se poden incorporar debido a que foron estes mesmos sindicatos os que impediron a súa aplicación coa presentación dun recurso". Para a Consellaría do Medio Rural, CC.OO. e CSIF "méntenlles tanto aos traballadores como á sociedade, da mesma forma que na anterior campaña, co obxectivo de xerar confusión e desprestixiar o Servizo de Defensa contra Incendios Forestais".
A Consellaría engade a este respecto, que "segue aspirando a ter un soporte documental que dea cobertura legal e permita aplicar as melloras negociadas no ano pasado, pero iso só depende dos sindicatos que non asinaron o acordo".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital