Home  
 
 
 
 

Á sentencia que se coñecía o 23 de outubro pola que un xulgado de Lugo lle recoñecía a un traballador do Servizo de Extinción de Incendios Forestais o dereito á ser contratado o 5 de febreiro e non un mes e medio máis tarde, engádese agora outra que sube a 13 os brigadistas aos que se recoñecen tales dereitos. E, polo tanto, condénase a Medio Rural a pagarlle a cada un 43 días de traballo e cotizar á Seguridade Social tamén por eses días coma si estiveran contratados. Son 12 reclamacións de dereito e cantidade na provincia de Pontevedra. Xa só faltan as das provincias de Ourense e A Coruña.

 
 
 

Outra sentencia xudicial fará que 12 brigadistas de extinción de incendios cobren sen traballar

13 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

Tamén o xuiz de Pontevedra fala na sentencia de "discriminación grave", a que fixo a Consellería de Medio Rural cando o 5 de febreiro pasado deixou nas súas casas aos traballadores fixos-discontinuos do Servizo de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia que non quixeron subscribir o chamado Acordo de Eficacia Limitada.
Neste caso, é un fallo que lle recoñece o dereito a ser contratados a 12 traballadores da provincia de Pontevedra, o que remite boas expectativas aos das provincias de Ourense e A Coruña que aínda non coñecen as resolucións xudiciais as súas demandas de "dereito e cantidade".
Ao igual que nos casos anteriores nos que os fallos xudiciais foron favorables aos traballadores e as teses e as accións de Comisións Obreiras, condénase a Consellería de Medio Rural non só a abonar 43 días a cada traballador, senón tamén a facelo propio coas cuotas do Réxime Xeral dos Traballadores da Seguridade Social. A sentencia declara que a Consellería non acreditou no proceso que os chamamentos fosen feitos segundo as necesidades do servizo, senón pola aplicación do acordo extraestatutario.

Comisións Obreiras, que celebra esta nova sentencia, recorda que "levamos  case dous anos demandando melloras nas condicións de traballo para o colectivo de traballadores e traballadoras do Servicio, exactamente o mesmo tempo que a Consellería do Medio Rural leva instalada na confrontación e falla de vontade para acadar unha solución negociada e xusta coas demandas dos traballadores".

Responsabilidades compartidas

A organización sindical sinala que "cada vez é máis patente e difícil de agochar que este problema xa non é exclusivamente dun colectivo de traballadores e da Consellería da que dependen",senón de todo o Executivo da Xunta de Galicia. Comisións Obreiras inculpa na situación o Goberno de Pérez Touriño porque "por acción ou omisión está permitindo que se despilfarren por capricho os cartos de todos, pagando unhas indemnizacións ás que non tería que facerse fronte si se respectase a legalidade vixente".
"Celebramos que os tribunais de xustiza reparen as ilegalidades que a Consellería do Medio Rural se empeñou en levar a termo", sinala CC.OO, que sostén que tal actuación se levou a cabo "en contra do consello da súa propia asesoría xurídica". Segundo Comisións Obreiras, os asesores xurídicos da Consellería "foron obrigados a defender nos tribunais as decisións ilegais dos xestores políticos de turno".

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital