Home  
 
 
 
 
No peor dos casos, que corresponde a provincia de Ourense, o 2007 foi un bo ano para os incendios forestais en Galicia tendo en conta os datos dos últimos dez. Incluso na provincia de Ourense, onde se contabilizaron no que vai deste año 1.370 lumes, a cifra representa unha milloría considerable tendo en conta a media de 3.478 da última década. O mesmo ocurre en superficie queimada, ainda que na provincia ourensá ardeu máis que en tódalas demáis xuntas.
 
 
 
Mellorou a situación dos incendios forestais en Ourense no 2007, ainda que foi a provincia galega onde máis ardeu
5 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

Ourense foi a provincia galega que máis incendios forestais contabilizou neste 2007, segundo datos que acaba de facer públicos a Consellería de Medio Rural. Frente aos 772 da provincia de Pontevedra, os 577 de A Coruña e os 344 lumes contabilizados na de Lugo, a provincia de Ourense rexistrou ata o 11 de novembro deste ano 1.370 lumes.
Eso fai que na provincia ourensá se arderan 6.637 hectáreas de terreno, das que a súa maioría foi superficie rasa. Deste xeito, ardeu só en Ourense tres veces máis monte raso que en todo o resto de Galicia xunto. Por contra, A Coruña supera a Ourense en superficie arborada queimada.

Estes datos producen, así mesmo, que na tónica xeneralizada de descenso considerable tanto no número de lumes como de superficie queimada en toda Galicia con respecto a última década (anos 1197 á 2006), a menor disminución porcentual corresponsa á provincia de Ourense: -70,30% frente á -86,33% de A Coruña, mentras as outras duas provincias se situan por enriba do 90% de reducción do impacto do lume. Con todo, mentras a medida de sinistros forestais na última década foi de 3.478 lumes na provincia de Ourense, a cifra redúcese considerablemente neste 2007 e baixa aos 1.370 incendios.

Os datos xurden do balance de sinistros forestais que Medio Rural pechou a 31 de novembro, data na que se pode considerar que a campaña de Extinción de Incendios Forestais dase por pechada. O que respalda o feito de que con data 2 deste mes de decembro, a Consellería declarara extinguida a contratación dos 610 traballadores fixos-discontinuos asignados a estas tarefas.
No conxunto xeral da nosa Comunidade, o 2007 representou unha disminución dos incendios forestais con respecto a última década do 71%, o que significa unha baixa do 82% en superfice queimada.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital