Home  
 
 
 
 
Confirmouse o cese dos 610 traballadores de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia -176 da provincia de Ourense- con data a 2 de decembro. Co que moitos destes traballadores se atoparon este luns coa comunicación de cese de actividade e fin de tempada.
Comisións Obreras e CSIF reaccionan de inmediato, e avisan a Medio Rural de que non permitirán que se contrate a un só traballador para este servicio mentras os fixos-discontinuos estén no desemprego.
 
 
 
Confirmado: Medio Rural cesou aos 610 traballadores de Extinción de Incendios Forestais
4 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

Tal e como adiantara Ourense Dixital, varios dos 610 traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia atopáronse este luns coas comunicacións de cese na súa actividade, ao considerar Medio Rural rematada a campaña deste 2007. A medida afecta a 176 traballadores deste Servicio da provincia de Ourense. Aínda que moitos destes traballadores non recibiron a comunicación ao non acudir por diversas razóns ao seu correspondente Distrito, a decisión afecta á totalidade do colectivo.
O feito, ademáis, está confirmado polas centrales sindicais Comisións Obreiras e CSIF, que volven a denunciar que a decisión tomouse unilaterlamente e negándose a Consellería siquera a mentar unha xuntanza que as centrais solicitaran fai días a este e outros efectos.

Aviso a Medio Rural

Ante a decisión adoptada por Medio Rural, as organización sindicais advirten ao departamento de Suárez Canal con "as accións legais oportunas se un só membro de SEAGA, S.A. segue contratado mentras o persoal fixo-discontinuo está no desemprego". Comisións Obreras e CSIF argumentan que "mentras exista carga de traballo debe seguir contratado o personal de plantilla do Servicio de Prevención e Extinción".
Ademáis, as centrais sindicais volven a cuestionar a "cacarexada prevención", laboura que realmente no se fai ainda que os traballadores "xa demostraron anon tras ano a súa valía".
Comisións Obreiras e CSIF sosteñen que "o persoal fixo-discontinuo é necesario non só 9 meses senón todo o ano", e califican de "despilfarro" o feito de otorgar as labores deste persoal a un "chiringuito clientelar", referíndose a SEAGA, S.A.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital