Outra sentencia ven a resolver a favor dos fixos-continuos do Servicio de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia. Ahora a Consellería de Medio Rural terá que pagarlle a cada un dos traballadores que deixou na casa ata mediados de marzo con efectos retroactivos a 5 de febreiro. É decir, terá que pagarlle mes e medio a cada traballador por non facer nada.
 
Medio Rural terá que pagarlle aos fixos-discontinuos dos incendios que deixou nas súas casas  
23 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Medio Rural ven de ser condenada a pagarlle aos traballadores fixos-discontinuos do Servicio de Extinción de Incendios Forestais que non foron contratados o día 5 de febreiro deste ano, con efectos retroactivos á data na que sí o foron aqueles que suscribiron o que a Consellería chamou "Acordo de Eficacia Limitada". Así o manifesta Comisións Obreiras, que acaba de coñecer o fallo favorable a defensa feita no seu día dos dereitos de ditos traballadores.
Deste xeito, a Consellería vese obrigada a abonarlle a estes traballadores aproximadamente mes e medio de xornais, a pesares de que ditos traballadores non prestaran servicio ao non seren contratados.

Segundo Comisións Obreiras, a sentencia
"declara o dereito do traballador a que a súa actividade laboral teña efectos retroactivos desde a data do 5 de febreiro de 2007, coas correspondentes reparacións económicas e legais (salarios e alta na seguridade social)". O tribunal entende, según Comisións Obreiras, que "houbo discriminación grave contra os traballadores fixos-discontinuos, que non subscribiron o acordo de eficacia limitada".
A tenor da resolución xudicial, CC.OO. eleva o tono crítico xa non só contra o director Xeral da Consellería de Medio Rural, ó que se acusa de directo culpable da situación, senón tamén ao presidente da Xunta. Afirma Comisión Obreiras que "chegará un momento en que as actuacións estrambóticas e incoherentes do Director Xeral de Montes e da súa tropa comprometan de verdade a credibilidade da totalidade do Goberno Bipartito, e terminen deixando en ridículo o mesmísimo Presidente, que afirmou no Parlamento que os fixos descontinuos ían traballar, como mínimo, 9 meses este ano".

Comisión Obreiras pide públicamente ahora ao Conselleiro que aplique a sentencia, que manteña o Servicio de Extinción de Incendios Forestais hasta polo menos o 5 de novembro como nun principio anunciou, e que, aínda máis aló desta data, prolongue a contratación para facer con traballadores propios da Xunta as tarefas de Prevención.

  "Veño buscar traballo para o meu fillo que quedou na cama", podería ser o conto. Para qué ía a erguerse o rapaz si total a Consellería ía mandalo para casa. Para qué ía siquera pedir traballo si cobraría igual...
O caso é distinto porque os forestais que a Consellería mandou que se quedaran na casa sí querían traballar. E aínda se rebotaron bastante cando todo presaxiaba que cobrarían igual.
Ahora alguén terá que facerlle as contas ao conselleiro, ou esixirlle que as faga como é debido: tantos currantes na casa por mes e medio cada currante (unhas 300.000 das vellas pesetas), son unhos cantos cartos da administración pública galega que Suárez Canal e Blanco Casal malgastaron pola súa cabezonería.
É unha sorte poder facer cos cartos dos demáis o que che peta. Faino quen pode, non quen quere.
 
 
Volver atras Imprimir Página
 
  Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital