Empeza este luns a última semana de setembro das mobilización dos traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais de Galicia.
As medidas de protesta rematarán o xoves cunha manifestación en Santiago.
 
 
Rematan esta semana as mobilizacións de setembro dos traballadores do lume da Xunta
24 de SETEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Os traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia inician esta semana os últimos actos do calendario de mobilizacións previsto para este mes de setembro, que incluían 6 xorndas, frente as 4 do mes pasado e as 2 de xullo.
As mobilizacións rematarán o día 27, xoves, con unha manifestación conxunta dos traballadores do lume de toda Galicia e dos sindicatos que os respaldan nas súas reivindicacións, Comisións Obreiras e CSIF, así como da APROPIGA, que terá lugar en Santiago. A manifestación arrancará ás 10 da mañá

da Alameda para rematar na Estación de Buses, frente a San Caetano.

As medidas de portesta siguen a tentar a reposición da mesa de negociacións pola Consellería de Medio Rural, ao que o departamento de Suárez Canal se ven negando nunha postura de "ouvidos xordos", segundo denuncian traballadores e centrais sindicais. Ata o de agora, tampouco serviu o escrito asinado por unhas 1.300 sinaturas que se dirixiu ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, solicitándolle a súa mediación no conflicto.
Traballores e centrais sindicais reclaman os mesmos dereitos, dicen, que teñen o resto dos traballadores da Xunta, administración a que lembran que tamén perteñecen os traballadores do lume de Galicia.
 
Volver atras Imprimir Página  
REDACCIÓN de Ourense Dixital