Os traballadores de Extinción dos Incendios Forestais volveron a protestar este xoves en Santiago, na Dirección Xeral de Montes de Medio Rural, a que califican de "situación inmovilista e autista" da administración galega.
Levan xa máis dun ano, lembran, na mesma situación e, segundo CC.OO., a situación lonxe de mellorar empeora.

 
 
 
Os traballadores do lume volveron a protestar este xoves en Santiago
31 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Os traballadores de Extinción dos Incendios Forestais da Xunta de Galicia volveron a protestar ante a Delegación Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, a situación

"inmovilista" da administración galega no seu caso.
"As reivindicacións siguen sendo as mesmas de fai un ano", destacou o dirixente sindical de Comisións Obreiras, Benxamín Vences, para suliñar precisamente o "inmovilismo" do departamento de Suárez Canal.
Vences Veiga fixo mención a que o colectivo laboral sprecisa "profesionalización e normalización", frente aos intentos de Medio Rural por privatizar "encubertamente" ao servizo a través de empresas coma SEAGASA.
Segundo Benxamín Vences, "a Consellería sigue a practicar unha actitude inmovilista e autista ante a situación destes traballadores".

Así mesmo, o dirixente sindical acusou a Medio Rural de intentar responsabilizar ao sindicato Comisións Obreiras da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o acordo firmado para estes traballadores coa administración autonómica polos sindicatos UGT e CIG, e lamentou que "estas actuacións e a mesma movilización de hoxe está respaldada únicamente por Comisións Obreiras, pese aos intentos que levamos feito todos de acadar a unidade sindical e de actuación neste conflicto".
 
Volver atras Imprimir Página  
REDACCIÓN de Ourense Dixital