Máis de 350 traballadores do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais (SDICF), concentráronse este xoves en Santiago diante das dependencias da Dirección Xeral de Montes. Os traballadores mobilizáronse de novo por un acordo digno de condicións de traballo, e contra a privatización do servizo público, rematando as protestas na explanada da Estación de Autobuses, diante das dependencias da Consellería do Medio Rural no Edificio Administrativo de San Caetano.

 
 
 

350 traballadores do lume se concentraron en Santiago este xoves, segundo Comisións Obreiras

 
24 MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Lembra Comisións Obreiras, central da que partiu a convocatoria, que esta concentración é consecuencia da actitude da Consellería do Medio Rural e que, "logo de 17 meses sen que se acadase unha resposta positiva as lexitimas demandas laborais dos traballadores do SDCIF", constitúe un acto mais de protesta fronte a actitude "incompetente, intransixente e prepotente" dos responsables da Consellería de Suárez Canal. Segundo CC.OO., os reponsabeis da Consellería "seguen instalados nun autismo dogmático que lle impide recoñecer os seus propios erros e dar un saída negociada a este longo conflito".

Comisións Obreiras considera que para a inmensa maioría dos galegos, a estas alturas xa resultan pouco cribles os argumentos que manexa a Consellería. Pola contra, o sindicato dí que a realidade dos feitos os desminte: "non atenden as reivindicacións dos traballadores na mesa de negociación; non escoitan as protestas dos traballadores demandando dignidade laboral; non respectan as decisións xudiciais que os desautorizan sistematicamente (anulación do preacordo de eficacia limitada, informe da fiscalía para delitos medio ambientais, etc.)", segundo suliña esta organización sindical.

CC.OO. empraza a Consellería do Medio Rural a que convoque de inmediato a mesa de negociación "co obxectivo de pechar este longo conflito dun xeito consensuado que permita acadar un acordo de condicións de traballo xusto para os traballadores/as e reforce e garanta un servizo público, eficaz e eficiente, na prevención e na loita contra os incendios forestais en Galicia".

Volver atras Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital