O xoves, día 24, as 10 da mañá, os traballadores do Servicio de Prevención e Extinción dos Incendios Forestais de toda Galicia están convocado a unha concentración diante da Dirección Xeral de Montes, en Santiago de Compostela. Deste xeito os traballadores do lume de Galicia retoman a vía das mobilizacións, ante a situación "inmovilista" de Medio Rural da Xunta de Galicia, según manifesta o sindicato Comisións Obreiras.

 
 
 
Os traballadores do lume voltan ás mobilizacións: o 24 de maio concéntranse en Santiago
19 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

"A data do 24 de maio e especialmente significativa xa que coincide co primeiro aniversario do primeiro gran acto reivindicativo que fixo o Personal Laboral deste Servicio", o que tamén se chamou A Marea Amarela , lembra Comisións Obreiras.

Un ano despois, lembra asemade esta organización sindical, "sigue sen resolverse a normalización laboral deste colectivo".
É máis, "a situación agravouse coa incoherente decisión dos dirixentes da Consellería de Medio Rural de montar un servicio de extinción paralelo", engade Comisións Obreiras aludindo a empresa SEAGASA. O sindicato sigue a referirse a dita empresa e o método empregado por o conselleiro Suárez Canal, coma "un novo chiringuito" que se artella "ao marxe do sistema público de contratación da Xunta de Galicia".
O sindicato reclama a atención tanto pública como das restantes centrais sindicais, neste senso especialmente cara a lograr a "unidade sindical" que Comisións Obreiras reclama insistentemente, xa que se está a falar de un colectivo en torno aos 900 traballadores en toda Galicia.

Comisións Obreiras anuncia que esta medida será a primeira dunha nova tanda de movilizacións e medidas de protesta a partires de agora. O sindicato contaba dende primeiros desta semana pasada co visto bó da asamblea de traballadoras celebrada en Silleda, que encargou a Comisións Obreiras a elaboración dun calendario de movilizacións con carácter inmediato, e a traballar no senso de conquerir a maior unidade sindical posible.

Volver atras Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital