Medio Rural celebra que o Partido Popular se de conta de que é preciso limpar as autoestradas de materia vexetal combustible para evitar incendios forestais.
Pero lémbralle que tivo que chegar a oposición para facelo xa que antes, cando era goberno na Xunta de Galicia, non o fixo.

 
 
Medio Rural lémbralle ao PP que tivo que ser oposición para que se dera conta de que é preciso limpar as autoestradas  
16 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

A Consellaría do Medio Rural replícalle ao PP que tivo que chegar á oposición para decatarse de que as autoestradas tiñan acumulada materia vexetal combustible nas zonas de dominio público, posto que non medrou só durante o tempo do novo Goberno. Lémbrase que Medio Rural lle entregou a Audasa un informe detallado coas necesidades de desbrozar estes espazos e reclamou a colaboración da concesionaria para o cumprimento da lei vixente.
Para a Consellaría do Medio Rural “resulta contraditorio que o Partido Popular reclame estas actuacións que se poñen en marcha a raíz da entrada en vigor da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, cando se opuxo no Parlamento á adopción destas medidas que agora estima necesarias”.

En canto ao comentario sobre a necesidade de reforestación de 600.000 hectáreas, é unha evidencia que o PP asume a necesidade dunha planificación forestal e constata que está en proceso de execución un Plan de Restauración Hidrolóxico Forestal cun investimento de 13 millóns de euros para a rexeneración da superficie afectada, ademais de convocatorias para a plantación de frondosas caducifolias, cunha dotación de 4,7 millóns de euros, e de reforestación de montes que durante o seu mandato non publicaron.

Igualmente, tamén se emprenderon medidas como a sinatura de convenios con 220 concellos para o control da vexetación e para establecer perímetros de protección en 2.350 núcleos de poboación, que contan cun investimento de 9 millóns de euros.

Volver atras Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital