Revelase a CIG e únese a Comisións Obreiras, ao pedir este xoves en Santiago un cambio de rumbo na política de persoal da Xunta e, en especial, da Consellería de Medio Rural do ourensán Suárez Canal.
Falan ambos sindicatos de "privatizacións encubertas", e anuncian que, de non se producir un xiro na política de persoal, haberá movilizacións.
 
 
 
CC.OO. e CIG advirten a Medio Rural con movilizacións se non se pon fin a política de "privatizacións encubertas"
29 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Os sindicatos CC OO e a CIG advertiron ao Goberno bipartito que convocarán mobilizacións se non poñen fin ao que ambos sindicatos consideran unha política de

"privatizacións encubertas", segundo denunciaron os referidos sindicatos este xoves en Santiago de Compostela. Para as formacións sindicais estamos asistiendo a unha situación moi similar á que se denunciaba cando o PSdeG e o BNG estaban na oposición.
En sendas rodas de prensa, ambos sindicatos se referiron de maneira especial á convocatoria de prazas para a empresa de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), e volveron a denunciar que non se axusta aos criterios xerais regulados no convenio único de persoal laboral da Xunta.
En concreto, o secretario xeral da Federación de Administración Pública de CC OO, Carlos Pardo, asegurou que "Seaga é a Tragsa do Goberno bipartiño", e acusou á actual Xunta de "substituir o caciquismo local municipal do PP por un clientelismo rural autonómico do BNG".
Pardo tamén alertou de que "a privatización e precarización laboral" de servicios públicos repercutirá de maneira negativa na prestación dos mesmos aos cidadáns galegos, polo que pediu á Xunta que aposte pola convocatoria "regulada" en vigor para o persoal laboral. Pola sua parte, Manuel Gallarda, secretario nacional de CIG , denunciou igualmente "a política de privatización na contratación de servicios" por parte da Xunta e afirmou que "o número de asistencias técnicas é similar ao que habia co anterior Goberno do PPdeG".
Gallardo se refereu en especial ao caso de Seaga e criticou que o bipartito "está a levar unha política case igual que a dos populares" e concluiu que a Administración pública "há de ser profesional e os traballadores teñen que ter garantidos os principios de igualdade, mérito e capacidade".
 
Volver atras Imprimir Página  
REDACCIÓN de Ourense Dixital