Como en ocasións anteriores, os traballadores do Servicio de Prevención e Extinción dos incendios forestais voltaron este mércores a Santiago para se manifestar ante as dependencias de San Caetano e pedir á Consellería de Medio Ambiente que replantée a situación laboral e retome a vía da negociación.
 
 
 
 
A marea amarela voltou a Santiago, pero esta vez asistida pola sentencia do TSXG
07 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL


Nada novo no procedimento da mobilización convocada polas centrais Comisions Obreiras e CSIF e a Asociación que engloba aos profesionais do lume, APROPIGA. Sen embargo, a manifestación deste mércores foi moi distinta a outras anteriores, o que se notou, sobre todo, no ánimo dos traballadores.
Nesta ocasión a marea amarela contaba co apoio da sentencia da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que saca a razón á Consellería de Suárez Canal e recoñece os argumentos de traballadores e centrais sindicais.
Benxamín Vences, de Comisions Obreiras, insistiu agora con maior énfase, en que "é necesario retomar a vía dó diálogo e a negociación", algo polo que veñen avogando insistintemente os dous sindicatos que no seu día non subscreberon o acordo de eficacia limitada, e desde o pasado día primeiro deste mes maioritarios no Comité da Consellería de Medio Rural.
As centrais non descartan que haxa que seguir con medidas iguais ou similares ás que se veñen levando a cabo, máxime despois de que a Consellería anunciase que, pese á sentencia do alto tribunal galego non pensa renunciar aos seus pretensions iniciais. Sen embargo, agora a situación muda considerabelmente xa que o fallo da Sala Social reforza os plantexamentos de traballadores e sindicatos e aporta aos fixos-discontínuos que non subscreberon no seu día o polémico acordo de eficacia limitada, garantías de estabilidade laboral

Volver atras Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital