Agora sí. De seguir polo camiño emprendido, Comisións Obreiras deixará de plantarlle cara ao departamento de Suárez Canal.
Agora sí consideran os de CC.OO. que Medio Rural da Xunta empeza a facer as cousas como debera. É decir, como propuxo esta organización sindical: operativo único con mando único antonómico para as brigas de prenvención e extinción dos incendios forestais.
 
 

Comisións Obreiras felicita a Medio Rural e comprométese a apoiar agora as políticas de prevención e extinción de incendios forestais

 
4 de DICIEMBRE de 2006: OURENSE DIXITAL

A proposta de Medio Rural da Xunta de Galicia de integrar tódalas brigadas municipais de extinción de incendios foretais nun operativo único con mando único autonómico, é ben acollida polo sindicato Comisións Obreiras, segundo se reflexa nun comunicado emitido ao respecto. CC.OO. considera que é "o camiño acertado para acadaar unha auténtica profesionalización do operativo de prevneción e extinción dos incendios forestais en Galicia".

Lembra a organización sindical, así a todo, que ésto mesmo xa o viña "plantexando e demandando con insistencia ano tras ano" CC.OO., xa que considera que "a atomización na dependencia organizativas dos medios humáns destes operativos, non é un bó sistema para acadar a necesaria e imprescindible coordinación dun traballo tan complejo como é o da prevención e a extición dos incendios forestales en Galicia".

Neste eido, Comisións Obreiras "anima" ao departamento de Suárez Canal a adoptar "unha decisión firme no senso de conformar un operativo estable e realmente profesionalizado". Si así fora, CC.OO. anuncia o seu apoio a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Faino, textualmente, nos seguintes termos: "CC.OO. adiante que, de manterse firme este plantexamento de Medio rural, a Consellería poderá contar co apoio desta organización sindical, como un primeiro paso, na percura de conformar un operativo de extinción de incendios foretais, autenticamente profesionalizado, en Galicia".
Volver atras Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital