Home  
 
 
 
 

Arcadio González

 
  Non é que a crise de goberno impida o proxecto de galescola para Vilariño de Conso, como dí o alcalde que anda a decir o BNG e o vicepresidente Anxo Quintana, é que nin siquera hai tal crise.
O rexedor de Vilariño de Conso pídelle aos nacionalistas que se deixen de mentir para por ao pobo en contra dos socialistas e do alcalde.
 
 
O alcalde de Vilariño de Conso nega que a crise de goberno impida a galescola porque non hai crise  
16 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Vilariño de Conso, Arcadio González Rodríguez, nega rotundamente que exista unha crise de Goberno que frene a obra da Galescola, como se está a dicir dende o BNG, e asegura que "a xestión no Concello de Vilariño de Conso non se está a ver afectada pola sempre figurada crise do bipartito que, Don Carlos Rodríguez Calvente -o portavoz do BNG en Vilariño de Conso- se empeña en recalcar a todas horas". Segundo o rexedor socialista, "dende o BNG non fan máis que insistir en que existe unha profunda crise de Goberno no municipo, e logo piden diálogo e consenso cando son eles os primeiros en rexeitar o diálogo e o consenso". Segundo Arcadio González, foron os dirixentes nacionalistas os que renunciaron ás súas competencias no Goberno de Vilariño.

Arcadio González pide aos nacionalistas "que non culpen aos socialistas do que eles non fan", e lembra a Rodríguez que "para que o PAI de Vilariño se converta en Galescola é necesario que o pleno aprobe o proxecto e que o alcalde asine un convenio coa Xunta de Galicia e, ata o de agora non se realizou ningún destes pasos".
O alcalde de Vilariño de Conso ratifícase e insiste en que "é mentira que a crise do bipartito impida que comecen as obras da Galescola como se está a dicir dende o BNG, que tan só pretende poñer aos veciños en contra dos socialistas mediante enganos e mentiras".

Para rematar, o rexedor de Vilariño de Conso invita ao Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintan, a que visite o Concello e se reúna co responsable da concellaría de Benestar para tratar de forma pormenorizada os asuntos da súa competencia.

Volver atras Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital