XUÑO de 2010
  MAIO de 2010
  Teatro Principal
  Centro Cultural
  Casa da Xuventude
  Museo Arqueolóxico
  Diccionarios
  Corrector [Descarga]
  Corrector On Line
  Tradutor
 
 
 
 
 
 
Presentada a programación de Un Espazo de Cine de OUFF e Padre Feijóo para os meses de marzo a xuño”
 
A presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, OUFF, e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, presentou este xoves en Ourense o segundo cuadrimestre de Un Espazo de Cine, a programación estable, de calidade, e alternativa ao cinema comercial que desenvolven conxuntamente OUFF e Cineclube Padre Feijóo.
Durante a presentación, Pérez fixo unha “valoración moi positiva” da asistenza ás salas durante os primeiros meses de programación, “máxime cando falamos nun contexto de crise de público nas salas de cine”, sinalou a tamén concelleira de Cultura e tenente de alcalde do Concello de Ourense.
Non en van, as dez películas proxectadas até o de agora ofrecen unha cifra total de 2.158 espectadores (215 persoas por día).


 

Pérez destacou outros datos que, segundo a concelleira de Cultura, resultan explicativos do éxito desta iniciativa. Así, durante as primeiras catro sesións rexistrouse un cheo absoluto nas salas, mesmo quedando un bo número de xente sen entrada; na quinta sesión (In the Loop) enchéronse dúas salas ás 20:30h (a película proxectouse simultáneamente cunha diferenza de un minuto entre unha sala e a outra); a partir da sexta sesión (London River), Cinebox dispuxo a sala 5 (a de máis grande capacidade: 250 butacas); o día de máis asistenza de público foi a sétima sesión, Tamara Drewe, curiosamente unha comedia, xénero bastante demandado polo público ourensán.
Esta colaboración entre OUFF e Padre Feijóo converte ao Cineclube de Ourense no que máis xente leva ás salas entre todos os galegos, segundo datos da Federación Galega de Cineclubes, FECIGA.

Outro dos éxitos que Isabel Pérez quixo salientar destes primeiros meses de programación é o do autofinanciamento (o gasto en cartelería, aluguer de salas e dereitos de exhibición palíase coa venda de billetes), “co que se demostra unha vez máis que a cultura non ten por que ser gravosa para o cidadán”.

Música en marzo, abril para a MITEU, cine oriental en maio e Docuficción en xuño

Polo que se refire intrínsecamente ao segundo cuadrimestre de programación, Isabel Pérez presentou un programa de actividades que vai de marzo a xuño, onde a programación enlazará co clásico Baixo as Estrelas.
O mes en curso estará dedicado á Música, coa programación especial dun concerto a cargo de dúas bandas representativas da vangarda musical xaponesa (Umi No Yeah!! e Kirihito, o venres 24 no café cultural Auriense, de balde) e a colaboración da Universidade de Vigo nun pase especial de Revolution e Sixty Tolos.

Abril estará dedicado á MITEU, con tres películas adaptadas ao horario e á temática do certame teatral ourensán, e tamén ao cine galego, coa proxección dos gañadores dos Premios Mestre Mateo (cuxa gala se celebrará en Ourense o vindeiro 17 de abril).

Maio virá cunha escolla das películas orientais máis premiadas nos festivais máis importantes do mundo (Cannes, San Sebastián, Venecia...), unha oportunidade de ver nas salas de Ourense unha proposta que a duras penas chega ás salas comerciais.
Xuño, finalmente, estará adicado á Docuficción, coa exhibición de tres películas de rabiosa actualidade que abordan os límites nos formatos do cine.

 
 
 
En marcha a Terceira Tempada do SEN BATUTA, Música de Cámara, 2010 - 2011
 
 
 
 

CINE BAIXO AS ESTRELAS DE OURENSE

  A BELA AURIA, A FESTA DA HISTORIA DE OURENSE
 
  VICENTE RISCO NA
REPÚBLICA DE
WEIMAR