A BELA AURIA RECREA OS PRIMEIROS ANOS DO SÉCULO XX COMO OS MÁIS DETERMINANTES DO OURENSE ACTUAL  
 
 
 
A Bela Auria recrea os primeiros anos do Século XX como os máis determinantes do Ourense actual
Domingo, 30 de Maio de 2010
  Xardín do Posío
Instituto Otero Pedrayo
 
 
 

Cinema, conferencias, teatro, animación e música dos mellores anos da historia de Ourense conforman o proxecto de "A BelaAuria" para o último domingo de Maio na capital ourensá. Trátase de recuperar a etapa que abrangue dende os primeros anos do Século XX ata o 36, considerados como os anos que máis marcaron o que é o Ourense actual. A Bela Auria é unha festa de recreación histórica que tenta converterse nunha grande actividade de participación cidadá, integrando propostas de colectivos e persoas con diferentes intereses. O Programa compón unha oferta gratuita agrupada baixo tres temáticas: A Bela Auria propiamente dita, Saberes Perdidos e A historia dentro da historia.