2011, XANEIRO
 
 
 
 
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense ven de convocar unha nova edición das subvencións en materia deportiva para este ano, 2011. Mantense a distribución das liñas de finaciamento e os prazos de remate de presentación de solicitudes van dende o 18 de febreiro ata o 31 de outubro
 
 
O Consello Municipal de Deportes convoca as subvencións para o ano 2011 en materia deportiva
XANEIRO de 2010: OURENSE DIXITAL

O Consello Municipal de Deportes de Ourense, “na súa preocupación por atender as necesidades deportivas que lle son propias e fomentar este tipo de actividades”, sinala o departamento de Fernando Varela, ven de publicar unha nova convocatoria de subvencións conforme á Ordenanza Xeral Municipal de Subvencións.
Convocatoria que xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 9 de xullo de 2005, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003 Xeral de Subvencións de acordo coa súa disposición derradeira primeira e, supletoriamente, o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, que aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galiza; disposicións ás que se suxeta a nova convocatoria de subvencións do CMD para o ano 2011 en materia deportiva.

Nesta ocasión volven a distinguirse dúas liñas de financiamento:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro de 2010 ao 31 de outubro de 2011.
  2. Participación ou organización de competicións federadas de carácter oficial tempada 2010-2011.
  3. Bolsas individuais para deportistas do Concello de Ourense.

O organismo xestor é, en tódolos casos, o Consello Municipal de Deportes. As solicitudes presentaránse nas oficinas do CMD segundo os prazos que de seguido se refiren:

  1. Liña de actuación 1.ª: ata o 31 de outubro de 2011
  2. Liña de actuación 2.ª: ata o 18 de febreiro de 2011
  3. Liña de actuación 3ª ata o 17 de marzo de 2011
Volver atras
Imprimir Página