2010, 11 de ABRIL
 
 
 
 
Nova mensaxe do responsable do Deporte no Concello de Ourense, Fernando Varela: deporte federado e competitivo sí, pero o deporte entendido e practicado só, únicamente, como actividade física, tamén. O Concelleiro ratificou no curso da presentación dos "Campamentos de Verán" nos que toman parte tres concellarías, ademais da de Deportes, que históricamente no seu departamento "esta Concellaría tiña un percorrido cremos que erróneo, de só para traballar para o deporte federado e competitivo". Varela subliñou que no Consello Municipal de Deportes caben as actividades de uns e dos outros, o deporte competitivo e o que se practica como pura e única actividade física, sin exclusións nin favoritismos.
 
 
Varela subliña a necesidade de buscar o equilibro entre deporte federado e "como actividade física en sí"
11 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, ven de ratificar os plantexamentos da súa Concellería e do Consello Municipal de Deportes, de propiciar dende o Goberno de Ourense apoio non só ao deporte federado e competitivo, senón tamén ao deporte "como actividade física en sí".
Fernando Varela fixo estas declaracións este 8 de abril na presentación dos "Campamentos de Verán" do Concello de Ourense, nos que toman parte outras tres concellerías ademais da de Deportes que él dirixe. Ao respecto do que destacou Varela Parada que esta iniciativa "é, outra vez máis, o resultado desta colaboración transversal que moitas veces se di que é o que ten que facer un goberno municipal", sinalou.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA  
Fernando Varela

Fernando Varela referíuse á vontade de colaboración do seu departamento tanto nestas actividades dirixidas aós xóvenes, como noutras que agora mesmo está a desenvolver o Consello Municipal de Deportes en colaboración tamén coa Concellería de Participación Cidadá, e mencionou o programa "Móvete pola saúde" dirixido á Terceira Idade.

"Pensamos dende a Concellaría de Deportes que históricamente nesta cidade esta Concellaría tiña un percorrido que cremos erróneo, de só traballar para o deporte federado e competitivo. Nós dende que estamos no Goberno municipal pensamos que esta Concellería ten que buscar sempre o equilibrio entre ese deporte federado e competitivo e o deporte como actividade física en sí.", sinalou o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense.
Fernando Varela aínda abondou ao respecto ao afirmar que "temos que lograr garantir e traballar para ese acceso da cidadanía ao deporte", e ratificou o plantexamento co que se ven traballando tanto nesta Concellería como no Consello Municipal de Deportes, sinalando que "cremos que ese é o principal obxectivo da Concellería de Deportes e do Goberno municipal".

 
Volver atras
Imprimir Página