2010, 6 de MAYO
 
 
 
 
“O Coñece é un proxecto onde importan máis as gañas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos”, sinalan os responsables do Club Alpino Ouensán que organizan outro ano o “Proxecto Coñece 2010”, que conta coa colaboración do Consello Municipal de Deportes. É a cuarta edición consecutiva e sexta desta iniciativa, que xa deu comezo este primeiro sábado de maio, e que sigue en maio e junio ata completar un total de seis actividades noutros tantos fins de semana. Din os organizadores que as actividades “se plantexan como unha oferta para todos aqueles que estén interasados en facer, simplemente, algo distinto”.
 
 
En marcha o “Proxecto Coñece 2010” do Club Alpino Ourensán co Consello Municipal de Deportes
 
4 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL

Con un percorrido sendeirista sinxelo, que arrancou este primero de maio desde a capital ourensá e descurriu ata Os Peares, o Club Alpino Ourensán, en colabroación co Consello Municipal de Deportes do Concello desta cidade, deu comezo a unha nova edición do “Proxecto Coñece”.
Este proxecto é “unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar a practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade”, sinalan os responsables do Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda.

Segundo os organizadores, o “Coñece” son un conxunto de actividades que están pensadas para amosar a aventura e o deporte no entorno nautral, e que o Club Alpino Ourensán prentende sempre plantexar de xeito ameno e sinxelo. Compre ter en conta que dito clube está avalado por unha traxectoria de 40 anos de experiencia neste eido.
“O Coñece é un proxecto onde importan máis as gañas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos”, sinalan os organizadores deste proxecto. Simplente ditas actividades básicas se plantexan como unha oferta “a todos aqueles que teñan ganas de probar algo máis, para todos aqueles que estén interasados en facer, simplemente, algo distinto”.

O “Proxecto Coñece 2010” acada con esta a su XI edición consecutiva, pero a sexta desde que se puxo en marcha, e como en ediciones anteriores os organizadores afirman que teñen completado un programa completo de actividades e, sobre todo, variado. Hai sendeirismo, montaña, espeleología, bicicleta de montaña e escalada.
Precisamente o proxecto comezou o primeiro de maio con esa ruta de sendeirismo a Os Peares, e seguirá estes 8 e 9 con un vivac en Trevinca, nas que son as montañas máis altas da comunidade galega.

Programa

8 e 9 de Maio
MONTAÑA Vivac en Trevinca
Actividade de Coñece 10 adicada a facer unha aproximación ao mundo da montaña enxeral, e para iso visitaremos as montañas máis altas da nosa comunidade. O macizo de Trevinca no límite con León e Zamora con picos de 2.000 metros de altitude, será o marco ideal para iniciarse nesta modalidade deportiva.

23 de Maio
BTT-ORIENTACIÓN Ourense-Maceda
Percorrido en bicicleta de montaña de dificultade media, mesturado coa procura de balizas agachadas no percorrido mediante mapa e buxola.

29 de Mayo
SENDEIRISMO II-Ruta dos Castros
Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Cibrao das Viñas e Barbadás pasando por Sobrado, Bentraces e Loiro. Un percorrido de casi 20 kms. para fcer nunhas 6 horas e con pouco desnivel acumulado.

12 de Xuño
ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco
Actividade na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a Cova Alfarero, pero do pobo de Covas. A Cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal, polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.

20 de Xuño
ESCALADA Canón do Sil
Actividade básica de escalada na Escola “Canón do Sil”, na que podemos actopar “vias” de escalada de variada dificultade que nos permitrán iniciarnos nesta modalidade deportiva.

Volver atras
Imprimir Página