Deputación de Ourense e Concello do Carballiño promoven a reciclaxe de vidro cun novo sistema de recollida
 
No Carballiño presentouse este xoves unha campaña que, auspiciada tamén pola Deputación de Ourense, promove a reciclaxe de vidro no sector da hostalaría. Tenta facilitarlle a bares, cafeterías, restaurantes e outros locais do ramo, o depósito do vidro destinado á reciclaxe. Na campaña involúcranse 50 establecementos da vila do Arenteiro. Un cubo adaptado par aos locais e un contedor de rúa, son as principais novidades do proxecto.
 
 
 
 
 
14 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense, o Concello do Carballiño e a asociación Ecovidrio, poñen en marcha na vila do Arenteiro unha novidosa campaña de reciclaxe de vidro no sector da hostalería. Ten como obxectivo facilitar a bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais establecementos do sector a recollida e depósito do vidro destinado á reciclaxe.
Para elo, un novo dispositivo que consiste nun cubo con rodas e adaptado para as barras dos locais e un contedor de rúa con boca ancha, específico para hostelaría, permitirán facilitar o traballo de reciclaxe evitando que os profesionais das hostalería teñan que depositar unha por unha as botellas no depósito.

A presentación da campaña tivo lugar este xoves na Praza Maior do Carballiño coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde da vila, Argimiro Marnotes, Germán Fernández, xerente de zona de Ecovidrio e hostaleiros do Carballiño que participan na campaña.
Manuel Baltar volveu falar do Medio Ambiente como "unha área fundamental" dentro do labor que fai a institución provincial a prol da mellora de servizos para cidadáns e concellos, e destacou que a Deputación de Ourense "fai especial fincapé na xestión de augas e residuos porque a protección do noso medio natural é fulcral para sermos competitivos e xerar emprego e benestar na poboación".

O Concello de Carballiño, que ten delegada a recollida dos residuos sólidos urbanos na Deputación de Ourense, pon en marcha esta campaña de sensibilización, que ten como finalidade impulsar a reciclaxe de vidro nos establecementos hostaleiros do municipio. A iniciativa, denominada Horeca (hostalería, restauración e catering) está dirixida a uns 50 profesionais do Carballiño, un sector que emprega en España o 48% do vidro que se produce.
O método de contenerización que emprega denomínase VACRI, e consta de dúas ferramentas básicas: por un lado un cubo adaptado, que empregaría o hostaleiro, e por outro lado, un iglú adaptado cunha nova boca de entrada denominada boca porta de bar que presenta unhas dimensións mais grandes do habitual, e cun sistema hidráulico que facilita a elevación do cubo sobre o iglú.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MIÉRCOLES
 
López Vidal reprocha a la Xunta que sólo pueda inaugurar en Ourense “obra menor” de 2,5 millones de euros
Alonso Montero deposita su legado donde están “os mellores arquivos de Galicia”, en la Deputación ...
La Oficina de Atención ao Cidadán del Concello amplia cometidos y horarios a vuelta del verano
Adif saca a licitación ahora el tramo de Vilavella del AVE en poco más de 3 millones de euros
Concluyen los campamentos de la Xunta con un éxito de la campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”