ABRIL, 2010
 

AQUÍ CABEMOS TODOS


Despois de semana tan tola, que só pode preceder a outra aínda máis (xa se verá senón), procede facer un repasiño pola escolma de persoeiros que levan desfilado pola hipotética cabeza de lista do PP osease, candidatos e candidata a alcaldía de Ourense.

Poly Novoa: cumpriu unha semana difícil, agónica, logrando Santiago mantelo na foto, que si por él fora é probable que xa non estivera, deulle forte; pero Santiago quere que aguante.
Rosendo Luis Fernández: tres cuartos do mesmo, só que este sin agonías e os que queren que aguante son os de Ourense.
Beatriz Tejada: no se sabe, no contestan.
Jorge Bermello: sempre dixo que él non sabía nada do asunto. Os do asunto tampoco, logo ¿quen carajo o meneou?...
Mario Conde: aquí hemos topado con lo más guai del tinglado; a este puxérono en órbita e é como os satélites espía, veña a sacar fotos e dando voltas ao planeta; es la estrella rutilante, el CR9 de MB10. Aos seus anos e aínda promete o home. O bispo de Ourense na súa terra e el en Ourense.
Francisco González: o último en subir ao autobús. O caso é que o deixen chegar.

E agora ven o que falta, Manuel de la Fuente: ¿que foi deste empresario?, mirlo blanco al principio de los tiempos, gardado con sete chaves, tampouco se sabe e él caladiño.
É posible que un día de estes tamén lle toque a él, por que non.
O que pasou foi que na enquisa de mediados deste mes que manexa Feijóo, a popularidade deste home non sae a que se lle vendía ao presidente, e ándase a disir que anda por un 10%, vamos a máis baixiña.
Pero seguro que un día de estes tamén lle toca.
O PP de Ourense é coma aquela canción de Victor Manuel: “aquí cabemos todos o no cabe ni dios”.

 

AS MARIBELES DE FEIJÓO


Esto non é que se ande a disir, esto díxose. Albertiño mete a jamba y confunde a xefa dos trenes do Simeón coa rapaza de Los girasoles ciegos, a Maribel Outeiriño con Maribel Verdú.
Que como se pode ver neste inédito fotograma da película Los girasoles van a la oficina, parécense moitísmo.
Escoítese con deteñemento e en profundidade, xa que non ten desperdisio, cando Baltar (que non para de barallar nin co aten a silla), acaba concluíndo que “a cabeza ao fin vai para onde...”.
A sentencia de Baltar plantexa dudas tanto para no tocante a donde vai a cabeza de Feijóo, como a que susodita se estaba a referir o presidente da Deputación de Ourense.
SUMARIO
 
 
AS MARIBELES DE FEIJÓO
AQUÍ CABEMOS TODOS