MARZO, 2010
 

O RAPAZ E POLY


Ándase a disir tanto da lista e do candidato do PP ao Concello de Ourense nas vindeiras eleccións, que xa nada empeza a ter xeito neste remexedoiro de chismes. Nunca tanto se dixo dende fora da sede do PP ourensán e polas noites, rediez, que eso sí que é certo.
E cando tanto se di e moito se escribe e aínda se publica nalgún xornal, logo van e din que se di dende Santiago, que aquí que non foi, que saíu de aló.

E do que se di que parece ter xeito é disir, que foi así, ándase a disir que o rapaz xa lle dixo ao Poly que de number one nada de nada, que se olvide, que a alcaldía (porque aos do PP non lle cabe ningunha dúbida) será para outro.
Que si aínda non está claro para quen, terá que estar (estarlle) claro que non será para él.
Que si vale así atopará acougo na lista en postos de saída. E que senón pior para él.
E ándase a disir que non lle dixo que non.

 

O BLOG DOS “ENCHUFES”


A este paso non vamos dar feito. Que andase a disir que en Internet hai un blog onde fican os “enchufados” do PP ao día. Quérese disir “permanentemente actualizados”. ¡Xa vamos nos 300!, di a última actualización á última hora da tarde deste mércores.
As novas incorporacións sinala o blogueiro que veñen de Caldelas e Montederramo, polo lado das Novas Xeracións e do alcalde.
Os que coidan do trebello parece que o toman moi a peito, aínda que se anda a disir (que eu non dijo nada), que mellor si numeran o listado, que así é máis doado e, sobre todo, máis seguro. E esto, ao que se ve, vai para largo.

E senón que llo pregunten ao Raúl, Fernández, o secretario dos socialistas ourensáns, que asegura que no partido non paran de recibir chamadas poñendo aos socialistas ao corrente do cotarro. E que a lista medra e medra, e que Baltar non para, que xa sabemos que o boss cando se pon se pon de verdade, e que no comer coma no rascar todo é empezar.
Pois sijamos, que morra marta e morra farta...
Como esto non o pare alguén a saber onde vai parar, é o que teñen estas cousas. E non ten pinta de parar, non señor.

A menos que aparezan outros coutra lista. Que tamén se anda a disir.

 

PILARITA, ¿EMPRESARIA?


Ándase a disir moito dos apuros que pasou a CEO, a gran patronal ourensá, coa súa candidatura á Cámara de Comercio de Ourense. Ándase a disir que a historia se repite, se repetiu, ¿cal historia?...
Ándase a disir que é a historia do candidato (ou candidata) que, ¡rediez, Pilarita!, tampouco é empresaria.
E como o prinsipio da electricidade é enchufar o aparato, aquí senón es empresario non podes ser candidato, ¿obvio, nonsi?...

Pois menos mal que se deron conta a tempo os de Paco, presidente, e puideron compoñer a candidatura para metela en prazo. Eso sí, cadrando no canto de Pilarita a un que non é santo da devoción de Paco-CEO. Pero xa se sabe, mellor agora un mal arranxo que logo un gran problema.
O asunto está resolto polo que atinxe ao proceso.
Claro que queda por saber dende cando Pilarita non é empresaria. E disir, canto leva sin selo campando na directiva de don Ovidio. Quen, por certo, como se recordará deste tipo de problemas tamén sabe moito.
Por experiencia propia, craro.

 

J.P. E O TELÉFONO


Moi breviño, que aquí cada quen ten que sacar as súas conclusións, que ándase a disir polo Couto e eu non teño por que disir máis.
Disir-disir non se dise tanto, máis ben pregúntase : ¿quen paga as facturas do teléfono, a Asociación ou o presidente?.
O presidente é J.P. (véxase J.P. É JUAN PALOMO), e a Asociación é a Asociación de Comerciantes “Centro Couto”.
O teléfono é o 988 248 218, que o mesmo vale para o negosio de J.P. é disir, do presidente, que para a Asociación do presidente, perdón, dos Comerciantes do Couto.
Así está a cousa. O run-run medra e o mosqueo xeralízase. Pois nada, ás probas á vista están.

SUMARIO
 
 
J.P. E O TELÉFONO
PILARITA, ¿EMPRESARIA?
O BLOG DOS “ENCHUFES”
O RAPAZ E POLY