FEBREIRO, 2010
 

J.P. É JUAN PALOMO


Ándase a disir pola contorna, esto é polo barrio de O Couto, que algúns botan chispas para o xefe da Asociación de Comerciantes. E xa choveu, que foi a cousa aló polo Nadal, primeiros de ano máis preciso, e aínda así coa de xeadas que levan caído non enfriou o tema, non señor.

Ándase a disir que cando chegou o tradicional reparto de premios nestas datas, prendeu a mecha o xurado dos escaparates, que chegou tarde e mal a visitar os locales para emitir sentencia, que xa pasara o Nadal e xa se ía cara os Reises.
E cando se coñeceron os premios acabouna de rematar.

Bueno, aínda non, porque rematala de-verdade-de-verdade rematouna o xurado cando se coñeceu o premiado á mellor atención ao cliente. Que non foi/é outro que o señor presidente dos comerciantes, o deportivo J.P.
Cabreáronse ata os novos, como estarán os máis vellos do lugar con este emprendedor da cousa esta que está tan de moda de agruparse para resistir, e xa hai quenes anunciaron que se meta o Couto Centro onde lle pete que eles se baixan do tinglado.
Que mal perder teñen algúns, rediez, que pouca deportividade e que pouco lles da a cachola para albiscar que J.P. é, en verdade, Juan Palomo, y yo me lo guiso, yo me lo como.
Pero con deportividade, eh, sin faltar.

 

OS 33 CÉNTIMOS


Andívose a disir moito, moitísimo, dos 33 céntimos que lle puxeron de custes aos folletiños deste ano do Servizo Municipal de Deportes que se “esgotaron” nun visto e non visto. Bueno, o de que se esgotaron é un disir, o que se dixo para sair do paso e que agora se recoñece que non foi tal é disir, que non se esgotaron.
Pasou que os folletos saíron cos prezos cambiados, que estaban por riba dos que son en realidade, así que os folleitos para o caixón e acabouse o carbón.
Eso sí, o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, repite a fartar que o seu departamento non ten a culpa porque a confusión provén do de Agustín Fernández.

Pero o caso é o “dano colateral” do asunto, porque a retirada dos folletos relacionase co asunto do suposto prezo, os 33 céntimos. Malo ter que recoñecer o erro e pior o “morto” dos 33 céntimos.
Así que a Concellería de Deportes aclara agora que no folleto non pon “PVP”, prezo venta ao público, senón o “custe” do mesmo, nin que haxa que pagalo senón o que custa facelo. E dise que a partires de agora será estratexia de Fernando Varela nos produtos que o Consello Municipal de Deportes saque de balde, que é un sistema moi empregado polos cataláns e un xeito de que o cidadán aprecie o esforzo municipal.
E, neste caso, o que houbera tido entre mans si os folletos non se foran a tomar por saco co erro dos prezos.

 

O CUCO JIMÉNEZ


Ándase a disir que Jiménez aínda quería salvar a uns cantos do seus da queima que se vía vir no Congreso do PP do sábado no Paco Paz, e eu coñezo un que dice que foi aí cando soubo que Jiménez Morán non confiaba tanto como andaba a disir no voto secreto e no de que habería milagro. Que di o tipo que entón tivo claro que Baltar gañaría.

O candidato de Santiago pasou pola tribuna de oradores cando o turno para que os candidatos falaran das súas propostas en 15 minutos, pero non rematou a súa intervención cantando os nomes dos e das 64 propostos xunto a él para conformar o novo Executivo en caso de gañar.
Baltar Blanco sí o fixo, ao campeón, sin cortarse nada nin esconder a ningún, un por un e aínda no caso dalgúns recreándose no, segundo él, valioso perfil do seu elexido.

Cando rematou o rapaz, vese irrumpir no estrado outra vez a Jiménez Morán co papeliño dos 64 nomes, e dirixirse ao estrado para facelos públicos, ainda que sin tanto entusiasmo como Baltar Blanco.
Todo esto pasou despois de que, mentras Baltar Blanco berraba ao Congreso a súa xente de confianza, Jiménez Morán falara por teléfono.
Cando Jiménez falaba polo móbil Santiago tamén falaba polo móbil. Quero disir Santiago Camba, o presidente da Mesa do Congreso. Aínda que eu non dijo nada, de momento.

SUMARIO
 
 
O CUCO JIMÉNEZ
OS 33 CÉNTIMOS
J.P. É JUAN PALOMO