XANEIRO, 2010
 

RECORD DE VELOCIDADE


Como non podía ser menos tratándose dunhas instalacións deportivas, ándase a disir que os responsables do Pabellón Municipal de Os Remedios, léase Varela&Mosquera, van para record de velocidade.
O que pasa é que aínda non está claro o tempo que fixeron ámbolos homes-bala no despachado de ducias-centos-miles dos folletiños que o Servizo Municipal de Deportes prepara a comezos de ano, para informar ao cidadán dos servizos que se prestan nas instalacións deportivas e do precio dos abonos nunha enchenta de variantes ou modalidades de abono e de pago.

Hai quen di que os liquidaron nun día e unhas horas, tamén que foi nun día e nunhas poucas horas máis, que nin siquera pasou dun día... E tamén hai quen di que non foi cos liquidaran, senon que os achantaron.
Xa se sabe o que pasa nestes casos, o que fode cando hai record, que si te poñen a mexar, que si controles van e veñen a ver si pode non ser e foder o tinglado... Pero os que din que os achantaron, que aínda non presentan probas, insisten en que ¡os achantaron!.
E que foron miles deles os que desapareceron de repente, cando antes duraban días e días en riba dos tornos de entrada ás instalacións.
Polo de agora, a falta das probas do presunto achantado, no Pabellón de Os Remedios hai record de despacho de miles de folletos nun visto e non visto.

 

CERO PATATERO


Ándase a disir por Ourense (queu non dijo nada), que a xenreira de Alberto a todo o que leve Ourense, diga Ourense, poña Ourense e pronuncie o nome desta provincia non ten límite nin miramentos en Santiago. E máis nestes días de peripecias de romanos e Astérix e Obélix nas Galias.
E os hai que din tamén que non é para tanto, e ata que nada diso é verdade, que un presidente ten que estar por riba destas refregas de partido, aínda que estas máis que de partido leven camiño de converterse en universais.

Bueno, pois o caso é que van xa dous consellos da Xunta, o deste xoves, 21, e o da semana pasada, nos que certamente Ourense non aparece por ningures.
É tan doado de comprobar como radical: aos PDF que manda a Xunta co resumo de cada consello que preside Don Alberto, méteslle no buscador “Ourense” e resultados “cero”.
Xa van máis de 50 páxinas de acordos e cero resultados para Ourense, que ata tamén podería aparecer a verba por “danos colaterais” doutros proxectos e acordos. Por exemplo, os que abrangueran a toda Galicia, a menos que nos sacaran do mapa.
Pero nada, “cero patatero”, que diría o dos bigotes.
Pero tamén pode ser unha casualidade.

 

E NÓS TAMÉN


Disía no anterior que a Poly se lle podería haber ofrecido desde Santiago a seguridade no liderazgo para o Concello de Ourense. E a pesar de que moitos o discutían e o discuten, ao millor non vai tan mal encamiñada a cousa.
Pero hai un erro, eso sí.
Cando se disía que quen senón Santiago llo podía ofrecer, porque aquí non, parece ser ¡auja, rediez!...
Din os de Baltar que tres, ata tres veces, Poly, che se dixo. E que a ningunha o de Cudeiro respostou.
Tres, ata tres veces, din que se lle garantiu, ¡e nada!...

Bueno, pois cando estes din “nós tamén”, non debe ir mal encamiñada a cousa esa de que Novoa anda a procura de seguridade para encabezar nas Municipais do ano que ven.
Que ándase a disir que xa lles canta no papo aos do PP o Goberno de Ourense e a alcaldía de Paco, que en canto en Progreso paren de chover labazadas e pase o Congreso, haberá que ir poñéndose ao asunto e preparando as navallas.
Vamos, coma de costume, que a estes vaille a marcha...

 

O MISTERIO DE POLY


Ándase a disir que moito-moito-moitísimo se lle tivo que prometer en Santiago a Poly para facer o que fixo, que xa está claro o que aquí se vos dixo, culpable se lle declara entre os de Manuel Baltar de non gañar onde só se quedou a dous e oito votos na capital, ¡como escoce, rediez!..
Ándase a disir que moito-moito-moitísimo seguro ten que estar e o ten que ter o Poly, porque o queime aquí foi dos de categoría. Máis si se ten en conta que o de Jiménez está preparado para aproximarse canto máis mellor e restar canto máis encantados de la vida, pero tampouco é que en Santiago confíen nun milagre e se acabe de crer que o pai de rapaz perderá o Congreso. Pois non, aínda non.

Ándase a disir o que era visto que se diría, agora ben, o caso é o que se anda a preguntar: ¿que tanto e tan bo lle prometeu Alberto, si acaso o seu segundo, Rueda...?
E aquí, ves tú, xa non se di tanto como se pregunta.
Hai quen dí que o que se lle prometeu a Poly dende Santiago é a cabeza de lista nas Municipais do ano que ven, e logo os que sinalan ao respecto que Santiago é ninguén para asegurarlle tal, pero aos que se lles pode disir que a quen, senón, se ía enconmendar Novoa porque aquí se o comen.
E aquí é donde hai para tódolos gustos, para os do non pode ser, para os do pobre rapaz, boa a fixo, e para os que pensan que tampouco é unha mala baza e que moito máis non lle quedaba que facer.
Tanto se anda a disir que xa se di de todo, porque si algo está claro é que algo ten que haber.
A menos que Poly se volverá parvo rematado. E aquí xa se sabe, o máis tonto, capador.

 

O RAPAZ NON É O PAI


Ándase a disir pola capital que cando pase o 30 e o da presidencia do PP esté finiquitado, máis dunha cabeza vai rodar. Non perden ripio uns e outros, os de Baltar e os de Morán, e aquí mírase con lupa cada un dos movementos dos últimos días e das últimas horas. Dos movementos e dos que non se moveron, que tamén os houbo, e aos que tampouco se lles perdoará. E senón ao tempo.
Entre os de Baltar escoce moitísimo a tocata e fuga do persoeiro do distrito Centro con máis capacidade de control do voto, que da noite para a mañá deuxou ao rapaz sen plumas e sen a máis mínima capacidade de reacción, e alá se foron ao Morán os oito votos e uns cantos máis, bastantes maís, que lle valen a victoria no cerne da capital.
Co que houbera molado trincar a Feijóo no bunker dos do birrete...

Ándase a disir que os de Baltar sospeitan que poidera estar detrás o Poly, Enrique Novoa, que deixou sobradas probas no distrito de A Ponte de con quen se alineou, por si había dúbidas, como as deixou o veterano Rodríguez Cid do que aínda sigue a controlar no Couto. Que a pregunta é que se lle puido prometer desde Santiago ao portavoz do Grupo Municipal do PP, mentras se anda a disir que (queu non dijo nada), que él e o Pepe de Palmés xa poden ir rezando para que o 30 non gane Baltar porque esta non lle vai quedar así. É disir, que xa poden ir rezando.
Ándase a disir que o rapaz non é o pai, e que Feijóo non é o único que sempre toma nota das débedas. Que máis dun terá que arranxar o seu futuro político lonxe de Ourense. Como xa vai anos que o fai o outro candidato, que leva non se sabe canto sendo o político ourensán mellor pagado a conta do Consello da CRTVG. Por exemplo.
Así calquera.

 
XAQUÍN, O METEORITO


Ándase a disir (queu non dijo nada)..., bueno disir, disir non se dise tanto coma se pregunta: ¿de quen é o alcalde de Rairiz, de quen a Alcaldía?. ¡Rairiz, sitio distinto!, mundo aparte, territorio comanche. E o alcalde un enigma meteórico, oija, que ándase a disir (xa vai tempo), que cruza a Lagoa dende Maceda como un torpeto co Galloper da Xunta, ¡e zás!, aí o está, ao pen de cañón no seu despacho do Concello.
No seu despacho pero en horas de quenda de currele materile, co uniforme e todo, que as veces semella que baixou de Sierra Maestra o comandante en xefe da revolución castrista, rediós...
(E non porse chulitos que hai fotos).

Bueno, pero o caso non é o de Xaquín o meteorito, ¿ou sí?...
Quero disir que non é o do alcalde que cruza a Lagoa como se acabara de ver o lobo para vixiar o Rancho municipal, non señor, senón o Xaquín que ándase a disir (queu non dijo nada) que xa vai máis dunha vez que se xunta con José Luis Baltar (e desto si que non hai fotos) por si acaso, si se tercia, si cuadrara... ¿queres outra alcaldía para o PP?, pois aquí a tes.
E ándase a disir que o Paco, Limia, o do PP, é falarlle do asunto e porse a temblar como unha vara verde.
Pero, tranquilo Paco (e aquí volve o do meteorito), que o Xaquín é coma o tal fenómeno, que donde pega escarallao todo. Así que nin interesa nin é o momento.
Pobre home, tamén é mala sorte.

 
OS "CORRESPONSAIS"


Ándase a disir (queu non dijo nada), que abraiados viñeron do Porto os alcaldes de Xinzo e de Baltar, que non foi nada o que dixeron que lles dixera o xerifalte do vidro comparado co que lles dixo.
Ándase a disir que se lles dixo que na Limia andan sempre máis ocupados co entroido que coa vidreira, as mulleres coas crianças que co choio, que lles trae ao pairo o traballo, que eles ás patacas... rediós, que hasta non se atreven a soltar o que seica lles dixo o xerifalte do vidro polo que podería escocer.

Ándase a disir que agora don Isáac ten clariño como se as gastan os da vidreira, e que esto está finiquitado, así que ou se buscan novos xefes para a planta de Xinzo ou mercamos traxe para o enterro.
Nestas, como alguén lle tire do xenio aos alcaldes que foron a Porto por la e viñeron trasquilados e laguen todo o que lles dixo o xerifalte portugués, ármase a de deus na Limia.
Os da CIG din que os alcaldes foron de “corresponsais” a Porto, e xa hai quen pide na Limia que fagan a crónica como é debido, e que conten todo o que saben.
Pero ándase a disir que non se atreven.

SUMARIO
 
 
OS "CORRESPONSAIS"
XAQUÍN, O METEORITO
O RAPAZ NON É O PAI
O MISTERIO DE POLY
E NÓS TAMÉN
CERO PATATERO
RECORD DE VELOCIDADE