O vicepresidente da Xunta e coordinador da Executiva Nacional do BNG, Anxo Manuel Quintana González, presentou este luns en Ourense o que o seu partido chama "Propostas Estrela para os concellos do BNG". Segundo o BNG, "a estrela, á marxe do moderno significado relativo á emancipación dos pobos, ten significado históricamente, desde os filósofos pitagóricos na Grecia clásica até os nosos días, a intelixencia e o home ", sinálase nos razonamientos do por qué de chamarse así.

 
 

Quintana presentou en Ourense as "propostas estrela" para os concellos do BNG

 
30 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

As propostas que levarán os candidatos do BNG a todolos concellos de Galicia arrancan coa adaptación do planeamento para reservar entre o 30 e o 40% da edificabilidade para vivenda protexida. Esto conlevará concertacións coa Consellería de Vivenda e Solo para a construcción de pisos destinados aos mozos, os discapacidados e aos maiores.A segunda medida, tamén relativa ao tema vivenda, fai alusión a "rehabilitación de vivendas en cascos históricos e nucleos rurais, para poñelas no mercado en réxime de aluguer a baixo prezo para a mocidade".
Asimade, neste mesmo eido existe outra proposta, a dez coa que se pecha a relación, que fai alusión a "extensión de 3 a 5 anos nas bonificacións no IBI para as vivendas protexidas e aplicación de bonificacións no IBI para locais adquiridos en propiedade por emprendedores".
No eido do ensino contémplase na proposta número 3 a posta en marcha nos centros de programas de atención a nenos de mañá e de tarde, fora do horario escolar, así como comedores escolares e a implantación das galescolas para as que se adicará solo nos parques empresariais.
Propórase tamén a posta en marcha dun servizo de xantar e lavandería a domicilio, así como telefarmacia para a xente dependente.
Precisamente a proposta "Estrela" do BNG prevé a posta en marcha tamén da Carta de Servizos Municipais, na que se informará dos compromisos na prestacióndos dereito dos usuarios, e a implantación da firma electrónica nas relacións da cidadanía co concello. Asimade, aprobaránse Regulamentos de Transparencia e de Boas Prácticas, "en especial para a transparencia e a publicidade nos contatos, convenios e subvencións", se dí.

Por último, existen outras tres propostas coas que se completa a relación de dez. Unha en materia de medio ambiente e, en concreto, relativa aos lumes forestais, onde se plantexan "plans de prevención que contemplarán os labores de limpeza das faixas de protección e a potenciación do voluntariado".
Tamén se prevé a creación de locais de ensaio para a mocidade "integrados na rede galega, e extensión dos servizos dos Centros Quérote aos concellos".
Por último, a proposta complétase coa implatación da tecnoloxía wi-fi "para garantir o acceso á rede por parte de toda a cidadanía".

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital