"Faremos dos barrios o noso eixo de actuación política co obxectivo de conseguir unha cidade máis cohesionada e solidaria”, explicou Francisco Rodríguez no barrio de A Ponte desta cidade, a onde o candidato do PSdeG-PSOE acudíu acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
Feito que o propio candidato a alcaldía de Ourense suliñou, o afirmar que "é o primeiro acto que un presidente da Xunta fai nun barrio".
 
O candidato do PSOE lembra na Ponte a súa cualidade de pontino e compromete tamén unha oficina administrativa municipal  
25 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

O líder socialista amosou o seu desacordo coa actuación política que está desenvolvendo o Partido Popular, na que " todo vale", segundo Francisco Rodríguez, e para quén "só así se pode entender o programa electoral dos populares que prometen agora emprego e vivenda pública ". Francisco Rodríguez lembrou que “en 12 anos olvidáronse de construir vivenda pública. Do emprego, xa sabemos como vai nese partido, enchufando a familiares no Concello e na Diputación”.

O respecto da declaración do casco histórico coma Patrimonio da Humanidade, o candidato socialista á alcaldía de Ourense agradeceu esta proposta, pois "así deixarán de convertir a Ourense en patrimonio particular dos amigos do PP ". Así mesmo, Francisco Rodríugez falou dos catro parques urbanos que promete o PP no seu programa electoral: “agora falan de parques cando o seu presidente, o Sr. Baltar, regalou por catro pesetas o que tiña que estar chamado a ser o pulmón verde de Ourense, a finca de Mariñamansa”.

Propostas para o distrito norte

O candidato socialista á Alcaldía de Ourense comprometeuse a crear máis de 500 vivendas públicas só no distrito norte da cidade e decir, en A Ponte e O Vinteún; a garantir prazas en escolas infantís para os nenos e nenas do barrio, e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
Francisco Rodríguez tamén apostou pola creación dun gran complexo social e deportivo: “que empezaremos a xestionar ó día seguinte das eleccións ”, e unha Oficina Municipal Administrativa, “ para que nela os veciños poidan facer todos os trámites administrativos sen ter que desplazarse ó concello”, engadiu.
Dentro desta transformación do distrito norte, Francisco Rodríguez anunciou que A Ponte recuperará a súa tradición termal coma prevé o Plan Estratéxico de Termalismo a través da creación de hoteis e balnearios no contorno do Campo da Feira.

O candidato socialista presentou ós veciños de A Ponte o seu barrio coma un dos motores da construcción do futuro de Ourense, artellado nos eixos de termalismo e do AVE. A chegada do Alta Velocidade, e a súa integración urbana na cidade supón o reto colectivo para Ourense máis importante dos vindeiros cincuenta anos, e comprometeuse a traballar intensamente co goberno central e galego no proxecto da Alta Velocidade, que “convirta a Ourense no centro de comunicacións, e a Estación Empalme na Estación Central de Galicia. A mellor garantía de que Ourense non perda esta oportunidade é a lealdade das tres administracións”, explicou Francisco Rodríguez.

Para Francisco Rodríguez serán os veciños quenes, dende un gran acordo social deberán marcar a folla de ruta: “Nós, os políticos, recolleremos o mandato dos cidadáns para que todo o potencial , o dinamismo e o empuxe sexan os motores que tiren da construcción do Ourense de futuro, que levantaremos xuntos con este alcalde de todos, un pontino”.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital