O candidato socialista á Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, aposta polo desenvolvemento do Plan Estratéxico de Termalismo como un dos eixos fundamentais do futuro goberno da cidade.
Así fala tamén o PP e o seu candidato, ven a decir Francisco Rodríguez, só que Poly Novoa non está lexitimado para facelo, segundo o candidato do PSdeG-PSOE.
 
 
O candidato do PSOE dí ter para a cidade "un plan de explotación do Termalismo, non un plan de especulación"  
24 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

O futuro goberno socialista de Ourense ten previsto executar as liñas mestras do Plan Extratéxico Termal de Ourense: “o certo é que imos ter máis facilidades que ninguén para desenvolver este importantísimo plan. Creo que debemos convertirnos, dado o escenario político que hai neste momento, nos garantes da boa relación institucional coa Xunta e co goberno central, xustamente ó revés do que estaba pasando”, explicou o candidato socialista, quen lebrou que algunhas das propostas que abarca o plan estratéxico coinciden con proxectos formulados polo PSdeG-PSOE en Ourense ó longo de catro anos e que foron sistemáticamente rexeitadas polo PP, por exemplo, a creación de solo en Santa Mariña, “onde pretendíamos trasladar as infraestructuras e equipamentos que hai no campo da feira e liberar estos solos, tal e como recolle o Plan Estratéxico ”, afirmou Rodríguez.

O PSdeG-PSOE ve fundamental a participación do capital privado neste proxecto. “Imos cunha ventaxa: non temos ningunha hipoteca, nin lastre, nin compromiso nin convenio. En definitiva imos facer deste proxecto un plan de explotación, non un plan de especulación", asegurou Francisco Rodríguez.
A posta en funcionamento deste plan abarca problemas puntuais, entre os que se atopan os dereitos de edificabilidade de Xardín das Burgas: “a resolución deste problema será vía negociación, a través de fórmulas de entendemento, porque Xardín das Burgas ten uns dereitos”, manifestou Francisco Rodríguez, quen foi contundente nas súas declaracións, pois “estos señores teñen os dereitos que lle diron o PP, e so existe a vía da negociación, compensarlle en outras zonas a edificabilidade".
Ademais, lembrou que no 2003 unha empresa quería compralo por 3.000 millóns de pesetas. "Esto indica o valor do terreo naquel momento, mentras que Xardín das Burgas non desembolsou máis de 600 millóns de pesetas”, destacou o candidato do PSOE.
Neste sentido, Francisco Rodríguez anunciou que celebrou unha reunión con esta empresa, na que lle trasmitiu que “imos estar do lado de buscar unha solución negociada”. Nós non somos coma Poly que está instalado no “non”: “non a peaxe, non ó palacio de congresos, non a trasparencia”.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital