Xuventudes Socialistas propoñen un Wireless-Ourense sen fíos

 
02 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL
Xuventudes Socialistas en Ourense propoñen un Ourense-wireless, Ourense sen fíos para o futuro goberno socialista da cidade. Segundo a proposta feita polas Xuventudes Socialistas á candidatura socialista á Alcaldía, Ourense sería a primeira das sete cidades galegas en ser íntegramente wireless, e unha das primeiras de España. O futuro goberno da cidade exportaría a imaxe de modernidade e novas tecnoloxías que Ourense merece, argumentas as Xuventudes Socialistas.

Unha rede wireless en Ourense significaría o acceso de tódolos cidadáns a internet, sen necesidade de ter unha línea de teléfono, porque a rede é e será un elemento fundamental de desenvolvemento. “Socialmente será un novo cauce de participación e de relación coa administración; económicamente aportará novas ideas e posibilitará grandes proxectos para crear emprego como Ebay, Youtube, Google... En Ourense contamos cun gran capital humano, si facilitamos o acceso a internet a un maior nivel de usuarios incrementaranse as posibilidades de que novos proxectos en Ourense” asegura Rubén López, quen se atreveu a dicir: “estamos convencidos de que é unha aposta de grande interese para os cidadáns, e que contribuirá a poñer Ourense na vanguardia das novas tecnoloxías da comunicación”.
No futuro o acceso a internet será un servicio básico como o abastecemento de auga ou suministro eléctrico, lebraron os de Xuventudes Socialistas. “Queremos adiantarnos a ese futuro” recalcou Rubén López,. Con estas propostas Ourense deixará de estar na cola de tódolos indicadores e poderemos ver unha cidade moderna, cosmopolita e onde o desenvolvemento evite a política caciquil e asfixiante do PP. “ Esta iniciativa significaría que falaremos dun “Ourense-Wireless, un Ourense sen fíos”, onde calquera cidadán poderá acceder a internet sen conexión física algunha” explicou Rubén López.

Críticas á web co Concello

Os membros de Xuventudes Socialistas en Ourense criticaron “o custe desproporcionado e inxustificado da páxina web do Concello, superior ós 72.000 Euros “ explica Eladio Gómez, secretario xeral de Xuventudes Socialistas, quen destaca “a pouca actualización dunha web, que ademais está sen desenvolver e que conta con pouca interactividade, que non permite nin pagos, nin rexistros telemáticos, non se aproveita o potencial do DNI eletrónico... En definitiva, unha web que non é propia dunha cidade de máis de 100.000 habitantes”. Esta páxina web “ven a evidenciar o que o PP de Ourense entende por novas tecnoloxías” afirma Eladio Gómez.

Por último, a diputada socialista no Parlamento de Galicai, Laura Seara, se referiu a iniciativa de Xuventudes Socialistas de Ourense por crear un Ourense Wireless, destacando a decisión tanto da Xunta como do Estado de que “sobre o I+D+i pivote un dos eixos das políticas estratéxicas de ambos gobernos” .
“Fai casi dez anos que entramos no século XXI, pero o modelo de cidade en Ourense é máis ben do século pasado. No modelo de cidade que defendemos no PSdeG-PSOE un dos elementos prioritarios son as novas tecnoloxías”, dixo a diputada socialista.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital