O candidato a Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, analizou coa conselleira de Política Territorial da Xunta de Galicia varias propostas para a súa inmediata aplicación en canto sexa alcalde. Entre elas, destaca un novidoso proxecto para a unión dos dous campus ubicados na cidade e a humanización do espacio resultante, actualmente truncado polo tramo inicial da antiga estrada de Ponferrada.
Igualmente, o candidato ourensán analizou coa conselleira a posta en marcha en Ourense do plan de transporte metropolitano que reducirá nun 40% o custe dos desprazamentos ós concellos limítrofes, e recibiu o apoio de María Xosé Caride para o desenvolvemento como intermodal da futura estación do AVE, ubicada na actual Estación de RENFE, que está chamada a actuar como estación central de Galicia.
 
 
 
 
O candidato do PSOE quere acabar coa "fenda dos dous campus" e abaratar o bus urbán un 40%
24 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL

Nunha entrevista que se extendeu por espacio dunha hora, o candidato socialista ourensán repasou coa titular da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia os proxectos que impulsará "dende o mesmo día de que chegue a alcalde de Ourense", abordando en primeiro lugar a necesidade de “ acabar coa actual fenda existente entre os dous campus, causada pola división que provoca nesta área urbana o tramo inicial da antiga estrada de Ponferrada ”.
O candidato á Alcaldía expúxolle á conselleira Caride a necesidade de avaliar todas as posibilidades de xeito preliminar, aínda que centrándose nas que permitan aproveitar o chan resultante para “ humanizar a zona dos campus e permitir a creación de novos espacios públicos de disfrute cidadán ”. Neste sentido, unha das posibles solucións que van evaluar os técnicos podería ser o soterramento do tramo inicial da estrada de Ponferrada, o que liberaría “un espacio precioso para o seu aproveitamento con múltiples usos cidadáns, ademáis de mellorar a accesibilidade ó campus e a súa vinculación natural coa cidade ”.

Autobuses metropolitanos un 40% máis baratos

O candidato á Alcaldía ourensana tamén analizou coa conselleira María Xosé Caride a inmediata posta en marcha do plan de transporte metropolitano. “ Queremos unha cidade de Ourense moderna e cun elevado estándar de calidade de vida ”, sinalou Francisco Rodríguez a María Xosé Caride, “ e por iso é necesario xa un plan de transporte que reduza un 40% o custe dos viaxes de autobús, millorando a calidade de vida dos ourensáns que viaxan dende os concellos limítrofes, pero tamén dos veciños que disfrutarán dunha cidade con menos coches a atascos no centro ”.
Francisco Rodríguez comprometeuse a desbloquear as trabas impostas dende o Concello de Ourense ó establecemento do transporte metropolitano nada máis acceda a Alcaldía, en beneficio de todos e, principalmente, da calidade de vida dos ourensáns e da mellora do medio ambiente. “ Gaña o usuario, porque o billete é máis barato e máis sinxelo; gaña o que se despraza dende concellos limítrofes, porque ten un acceso máis doado, e gaña o veciño do centro, que ten unha cidade máis ordeada e sen atascos, e gaña o medio ambiente, porque se reducen notablemente as emisións de CO2 a atmósfera ”. Pola súa parte, a conselleira de Política Territorial da Xunta de Galicia, amosou unha total coincidencia cos plantexamentos expostos por Francisco Rodríguez, e a disponibilidade da Xunta de Galicia para articular unha medida tan necesaria como beneficiosa.

Estación intermodal

O candidato socialista á Alcaldía de Ourense tamén recibiu o total respaldo da Consellería de Política Territorial os seus plantexamentos para o futuro desenvolvemento da estación do AVE en Ourense como estación intermodal, que integre outros xeitos de transporte como autobuses e taxis, e que está chamada a actuar como estación central de Galicia.
Neste sentido, o candidato socialista expuso a necesidade de que estas actuacións axuden a “ solucionar a fractura entre os barrios de O Vinteún e A Ponte” e poder xerar “espacios verdes e aportes dotacionais ” para estas dúas zonas que “dende o século XIX teñen soportado gran parte do peso do progreso que, para a cidade de Ourense supuxo a chegada do ferrocarril"
.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital