Trasladar o campo de fútbol actual para o Cumial, construir cinco centros socio-comunitarios para a cidade, o Centro de Saúde e un polideportivo de “dimensións de distrito”, son as catro prioridades de intervención municipal que plantexa para o barrio de O Couto o BNG, segundo dixo o seu candidato a alcaldía, Alexandre Sánchez Vidal, aos militantes e simpatizantes do partido nunha reunión celebrada este xoves.

 
 
 

O BNG quere para O Couto “un espazo de desenvolvemento e progreso da cidade” que pasa polo traslado do campo de fútbol

 
22 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL

Segundo Sánchez Vidal, o BNG quere facer do Couto “un centro de intervención non só para impulsar a súa área, senon como espazo de desenvolvemento e progreso da cidade”.
O candidato nacionalista enumerou as prioridades da sua formación, empezando polo traslado do campo de fútbol ao Cumial, exactamente aos terreos do antigo cuartel, así como “a urbanización dun grande parque en trama urbana”. Segundo Sánchez Vidal, “Ourense ten a media máis baixa de zonas verdes das cidades galegas en metros cadrados por habitante, 8,7 fronte a unha cidade máis pequena como é Lugo que ten 11,6”.
Así mesmo, o BNG plantexa executar aquí “un dos cinco centros socio-comunitarios da cidade”, mos que se ubicarán centros de día para a terceira idade, servizos socio-sanitarios, salón de actos e espazos para a criazón cultural e o movemento asociativo. “Son espazos que superan a concepción das políticas de asistencia social e van cara a idea de benestar social, como lugares de atención e desenvolvemento persoal e de integración social e interseracional”.
Neste eido, apuntou tamén o candidato a alcaldía de Ourense do BNG a doazón a Xunta de Galica dos terreos necesarios para o Centro de Saúde, “realizando unha xestión do chan nas áreas de reparto colindantes co campo de futbol actual e as 800 vivendas de promoción pública proxectadas en Rabo de Galo”.
Para rematar, Sánchez Vidal comprometeu “un polideportivo de dimensións de distrito que proporcione deporte para todos”.

A propósito da Terceira Idade, o candidato do BNG ten previsto participar este venres nun acto sobre políticas para os maiores no que estará tamén o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
Nun acto de precampaña electoral pensado para persoas maiores, o candidato á alcaldía, explicará o programa municipal para este colectivo da cidade, maioritario e sen unha atención axeitada á súa condición na actualidade.
Será as dez e media da mañán no Hotel Francisco II da Rúa Bedoia.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital