“Estamos ante un problema humano moi complexo se se executa a sentencia, xa non é a primeira vez que sucede nesta cidade, non hai que olvidar ós veciños da rúa do Bierzo”, dixo o candidato socialista a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, quen mostrou así a súa preocupaciòn ante o problema que viven os vecinos do edificio da Rúa Pérez Serantes. Paco Rodríguez recalcou “este é o resultado da política urbanística irregular e oscurantista do Partido Popular dende o Concello de Ourense”.
 
 
 
Francisco Rodríguez lembra que o caso do edificio de Pérez Serantes ten demasiados precendentes nesta cidade  
22 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato socialista, que ten previsto para este venres un encontros cos medios de comunicación para analizar “a complexa situación urbanística desta cidade”, lembrou tamén o problema existente no Centro Comercial Ponte Vella: aínda estamos á espera da doación dunha parte pública do Centro Comercial Ponte Vella que lle corresponde a tódolos cidadáns, que foi un compromiso no seu día pero que o Concello segue sen reclamar.
Ademáis, Francisco Rodríguez preguntou unha vez máis onde están os cartos que foron entregados por Carrefour ó Concello trala sentencia na que quedaba demostrado que parte das instalacións do centro comercial estaban dentro do Concello de Ourense: “Estamos a falar de 800 millóns das antigas pesetas, o Concello aínda non nos respondeu onde se atopan eses cartos, que sospeitamos que foron reutilizados para outros fins” afirmou Francisco Rodríguez, quen apostou por “camiñar por unha senda distinta de legalidade e transparencia” explica Francisco Rodríguez.

Noutro eido das prioridades do candidato socialista, Francisco Rodríguez lembrou a reunión da semana pasada en Madrid con responsables do Ministerio de Facenda, e avanzou que sigue a traballar para a reutilización do Banco de España para actividades culturais. Para eso, o candidato e seu equipo siguen centrados agora na reubicación das oficinas do Catastro que é preciso desviar do previsto, precisamente o emblemático edificio do Banco de España.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital