Francisco Rodríguez lembrou que o Partido Socialista incluirá no seu programa electoral o desenvolvemento inmediato, mediante xestión municipal, do polígono de Santa Mariña, onde o PXOM prevé a creación de 900 mil m 2 de solo industrial.
O candidato a alcaldía de Ourense lembrou as iniciativas nas que traballa a candidatura socialista, entre as que se atopa a creación dun Centro de Empresas que aposte pola promoción económica e pola axuda ás novas iniciativas empresariáis.

 
 
 

Francisco Rodríguez anuncia a súa intención de crear un Centro de Empresas e de apostar polo chan industrial

 
20 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato socialista á alcadía de Ourense, Francisco Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo este martes co conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández na que se analizou a situación económica de Galicia, e de Ourense en particular. Así mesmo, candidato y conselleiro tamén incidiron na reorientación política que vive a economía galega, e nas novas estratexias empresarias que desenvolve este departamento.
O conselleiro de Economía e o candidato socialista á Alcaldía de Ourense coincidiron na necesidade que ten Ourense de solo industrial, inversións en infraestructuras que axuden a instalación de novas empresas, e o apoio ó desenvolvemento de iniciativas empresarias nesta cidade.

Francisco Rodríguez lembrou que o Partido Socialista incluirá no seu programa electoral o desenvolvemento inmediato, mediante xestión municipal, do polígono de Santa Mariña, onde o PXOM prevé a creación de 900 mil m 2 de solo industrial.
Pola súa parte, o conselleiro de Economía anunciou a ampliación de solo industrial. Neste ano en Pereiro de Aguiar e O Carballiño, e de nova creación en Val de Rábeda e Carballeda de Avia.
O conselleiro de Economía adiantou as liñas mestras do Plan de Reequilibrio Territorial e os proxectos previstos para Ourense, manifestou o seu apoio ó texido empresarial desta cidade a través do IGAPE, así como o fomento da promoción e desenvolvemento social a través da actividade empresarial na provincia..

Centro de Empresas

Noutro ámbito, o candidato á Alcaldía de Ourense falou da actual situación de desemprego que vive esta cidade durante os últimos anos. Francisco Rodríguez adiantou que “afrontarei o problema fomentando iniciativas empresarias para o autoemprego e, a creación de postos de traballo cos emprendedores coma esencia do futuro laboral. –engadiu- Confío en poder contar coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía”.
Entre as iniciativas nas que traballa a candidatura socialista atópase a creación dun Centro de Empresas que aposte pola promoción económica, e pola axuda ás novas iniciativas empresarias.
Neste senso,Francisco Rodríguez destacou tres áreas de traballo: “primeiro facilitar a creación de empresas de carácter innovador; segundo programar unha variada oferta de formación continuada en materia de xestión e innovación; e, por último, o asesoramiento para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ó I+D+i”.
Entre os servicios que acollerá este centro destaca un semilleiro de empresas, que ofrezca información, asesoramento e tutorización ós emprendedores acollidos no semilleiro que, ademais, poderán facer uso das instalacións do centro nas mesmas condicións que as empresas aloxadas nel. Tamén uhna oficina con asesoría gratuita para as empresas en xestación ou de nova creación, así como a xestión do trámite administrativo de creación dunha sociedade, de xeito, que o emprendedor só teña que acudir presencialmente a esta oficina e ó notario, conseguindo acurtar os prazos -en 48 horas- para a creación e posta en marcha dunha empresa, que ademais contará cunha serie de vantaxes fiscais, e con toda a información sobre financiamento público ó alcance do empresario.

Seguidamente, o conselleiro de Economía, o delegado de Economía e o candidato socialista á Alcaldía de Ourense cearon nun prestigioso restaurante da cidade con vinte empresas representativas de diversos sectores desta cidade.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital