"O Partido Galeguista é o único que plantexou dende o principio a necesiade de crear emprego a través da creación de chan industrial", dixo Antonio Troitiño este xoves na súa visita ao barrio de Santa Mariña do Monte.

 
 

Troitiño reivindica que o PG foi o primeiro en falar do Parque Empresarial de Santa Mariña

 
24 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Deste xeito referíuse o candidato do Partido Galeguista a importancia de crear a zona do Parque Empresarial de Santa Mariña, de un millón de metros cadrados de chan industrial, "espacio de desenrolo industrial de Ourense", sinalou Troitiño López.
Foi esta a medida máis destacada polo candidato do PG na visita a este barrio ourensán, onde tamén fixo fincapé na necesidad de establecer servicios mínimos de accesos pola carretera da Granxa, así como a atender as demandas que os veciños de Santa Mariña fai continuadamente para que se limite a velocidade nesta carretera ao seu paso polo pobo.
Troitiño falou, así mesmo, de "levar a cabo un novo estudo e revisión do PXOM no que afecta a esta zona, a fin de poder correxir e subsanar deficiencias e perxuicios".

De seguido, no barrio de Mariñamansa o candidato do Partido Galeguista comprometeuse a levar a cabo "de modo inmediato" as xestións necesarias para expropiar os terreos que non son de titularidade pública ddo Recanto da Rosa. Tamén aquí suliñou que "e preciso un centro cívico de barrio", sinalando que "o gran espacio de desenrolo desta zona debe ser a Finca da Deputación, onde asemade se debe colocar o polideportivo con piscina cuberta".
Troitiño Lopez incidiu tamén aquí na necesidade de abondar nos espazos verdes para as xentes do basrrio, así como no cambio de toda a rede da acometida de augas, que provoca averías continuas e falla de caudal suficente para a meirande parte dos veciños do barrio.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital