Exento de formalidades, con un café por medio, o candidato do PP, Poly Novoa, achegouse este xoves ao Campus de Ourense para escoitar as inquedanzas dos estudantes. Segundo o candidato do PP, as máis son relativas a traballo e vivenda.
 
 

Enrique Novoa achegouse ao Campus para escoitar as inquedanzas dos universitarios

24 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

O candidato do Partido Popular, Enrique Novoa, Poly, acudiu hoxe ao Campus de Ourense para manter un encontro amigable cos estudantes da Facultade de Dereito e Empresas.
Foi un encontro espido de formalidades, tomando un café, pero no que o candidato do PP lle trasladou ao estudantado ourensán desta Facultade os seus proxectos para a cidade no que máis directamente lles afecta.
No transcurso deste encontro os estudantes aproveitaron para trasladarlle ao candidato popular as súas inquedanzas e preoucpacións. Segundo Poly Novoa, a meirande parte deles no eido do traballo e a vivenda.
En realidade, segundo informa o propio Partido Popular, foi un acto un tanto espontaneo, pero "enteiramente satisfactorio" para o candidato, sobre todo polo feito de que "a medida que se entraba na conversa fóronse sumando estudantes a conversa de café".

 
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital