Sigue o periplo polos barrios de Ourense do candidato do Partido Galeguista.
Dos compromisos feitos por Troitiño este mércores ós veciños que visitou, destaca o plantexamento feito en Rabo de Galo para recalificar a parcela das vivendas sociais que proxecta construir a Xunta de Galicia, xa que entende o candidato do PG que o planeamento desenrolado é perxudical para a mesma.

 
 

Troitiño plantexa recalificar a parcela das vivendas sociais proxectadas pola Xunta en Rabo de Galo

 
23. de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Na Plaza Mil desta cidade, onde o candidato do Partido Galeguista escomenzou este mércores o seu periplo diario polos barrios da cidade, "é preciso reformar a zona interior da praza que nestes momentos se atopa nun total estado de abandono e deixadez", sinalou Antonio Troitiño.
Asemade, Troitiño López falou da necesidade de acometer "unha profunda mellora das zonas e espacios verdes, tamén en total estado de abandono", dixo, así como "solucionar as deficiencias do chán da praza que cobre os garaxes, debido a que este estado de esfeita provoca lamentables e graves perxuicios ós veciños afectados".
Outra das necesidades que neste barrio Troitiño se comprometeu a solventar si chega o día 27 ó Concello de Ourense, é a reparación do colector que se atopa na zona que baixa do rio Vinteún e Cudeiro, "colector que está agora mesmo reventado, o que provoca que os residuos campen pola superficie". Situación insalubre que, segundo o candidato do PG "non é de recibo a estas alturas".

De seguido, no barrio de O Couto Troitiño López faloulle ós veciños da necesidade de crear un centro de saúde de barrio, ó igual que noutras zonas da cidade, e a conveniencia de que se leve a cabo de forma inmediata a implantación do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, creando xa unha nova centralidad funcional e administrativa.
A creación de espacios verdes e un polideportivo de barrio centran as preferencias para esta zona das que o candidato do Partido Galeguista falou este mércores ós veciños do Couto.

Capítulo aparte merece o caso de Rabo de Galo. Aquí o candidato do Partido Galeguista plantexou duas cuestións moi concretas: "Recalificar a parcela que foi claramente perxudicada polo planeamento levado a cabo pola Xunta de Galicia, para poder levar nesta parcela a construcción de vivendas sociales", e mellorar o enlace da Nacional-525 o seu paso por Rabo de Galo, xa que "presenta un gran número de deficiencias importantes, provocando lamentables danos e perxuicios ós veciños", sinalou Troitiño.
Tamén aquí planteaxou Troitiño López a creación dun centro cívico de barrio, dotar á zona de aparcamentos para residentes, garantir a seguridade cidadá e dotar ó barrio de aparcamentos para residentes.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital