"Se hai que chegar a un entendemento con outra forza para gobernar Ourense, eu garanto que sempre se fará dende unha postura clara: o alcalde será o do partido que acade máis votos".
Deste xeito rexeitou o candidato do PSdeG-PSOE, Francisco Rodríguez, calqueira posibilidade de que BNG e PSOE poideran intercambiar as alcaldías de Ourense e Vigo dun xeito pactado de antemán, rumor que se ven extendendo nesta cidade dende o escomenzo da campaña electoral e que, segundo Francisco Rodríguez, "non ten nengún fundamento".

 
 

Rodríguez garante que, no caso dun goberno de progreso , porá alcalde o partido máis votado

 
23 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

En declaracións realizadas a Cadena SER en Ourense, o candidato do PSdeG-PSOE, Francisco Rodríguez, quixo deixar claro que "nos, eu, nunca traicionaremos ao electorado, entendo que si o electorado nos da o seu voto non podemos traicionalos".

Deste modo, Francisco Rodríguez referíuse o rumor, nestes últimos días de campaña moi extendido, que alude a que PSOE e BNG poderían intercambiar as alcaldías de Vigo e Ourense sempre e cando nos dous casos un acordo entre ambas forzas posibilitara o goberno das dúas cidades, e que o candidato socialista por Ourense calificou de "interesado" e "malintencionado".
Según Rodríguez tal non sucederá. O candidato do Partido Socialista suliñou que "se hai que chegar a un entendemento con outra forza para gobernar Ourense, eu garanto que sempre se fará dende unha postura clara: o alcalde será o do partido que acade máis votos". Extremo que ratificou totalmente o engadir: "e así será ainda que sexa por un só voto".

Rodríguez tamén rexeitou as acusacións feitas o martes polo coordinador e responsable de Organización do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, de vincular investimentos e diñeiro para Ourense dende a Xunta de Galicia, á victoria dos candidatos socialista e nacionalista. Rodríguez calificou de "falso e aínda vergoñenta" a interpretación feita polo popular, e sinalou que "eso é mentira, cómo é posible pensar que si tal ou cal cousa se vai a facer en Ourense deixará de facerse polo feito de que nos non gañemos as eleccións, eso é mentira".

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital