O candidato do Partido Galeguista sigue percorrendo os barrios da cidade, na que dice ser a súa "particular e exhaustiva analise de todas e cada unha das zonas de Ourense". Concluye Troitiño a modo xeralidade do constatado nos barrios xa visitados da cidade, que "todos reciben menos inversión do que lles corresponden tanto por población coma por necesidades".

 
 

Troitiño pide planificación viaria na zona da Estación de Autobuses e na Cruz Alta desta cidade

 
21 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

No caso do barrio da zona da Estación de Autobuses, segundo Troitiño López "humanizar a plaza interior" da barriada, así como crear unha pasarela peatonal que comunique as vivendas e a zona de esparcimento que discurre entre a carretera Nacional 120, mailas ribeiras do río Miño. "En resumen, a creación dunha zona peatonal que salve o trazado da nacional ó seu paso por este barrio", sinalou o candidato do Partido Galeguista.
Así mesmo, plantexa a "recuperación da zona verde para o barrio", unha total e nova creación de zona verde unha vez se leve a cabo a creación da estación Intermodal do AVE, Estación de autobuses e RENFE.

Indicou tamén o candidato do Partido Galeguista que é preciso que neste barrio se teñan en conta "as deficiencias de construcción nas vivendas e garaxes, as cales están a producir humidades. Todas estas deficiencias aínda que pasase o tempo o Instituto Galego de Vivenda, a Consellería, e sobor de todo a súa conselleira, así como o concello de Ourense deben asumir as responsabilidades pertinentes, para mellorar a calidade de vida dos veciños", sinalou o candidato do PG.

Na súa seguinte visita ó barrio da Cruz Alta, Troitiño López suliñou na Asociación de Veciños "Agarimo" que "é preciso abrir o vial da rúa de Xunqueira de Espadañedo", o cal se atopa na actualidade bloqueado por unha finca maila casa dunha persoa "moi notable desta cidade", dixo Troitiño López.
En concordancia con esto, sinalou o candidato do Partido Galeguista que "é especialmente necesario e urxente neste barrio levar a cabo unha planificación exhaustiva do tráfico e a circulación".
Ó igual que fixera noutros barrios xa visitados polo líder do Partido Galeguista en Ourense, Troitiño López referíuse na Cruz Alta tamén a necesidade de incrementar a presencia policial e, con elo, a seguridade cidadá, artellar aparcamentos para residentes y mellorar a limpeza sin esquecer que "tamén nos barrios, coma no centro da cidade, hai que soterrar os contenedores do lixo".

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital