O PSdeG-PSOE de Ourense vén de presentar ante a Xunta Electoral Provincial solicitude de “inmediata suspensión das emisións de Telearnoia, pola súa utilización absolutamente inxusta, partidista e electoralista por parte do alcalde do PP de Arnoia, Rogelio Martínez González”, que tamén ocupa a vicepresidencia primeira da Deputación provincial.
O Partido Socialista acusou tamén fai unhos días a este alcalde dun pucherazo en 300 votos do exterior que o candidato do Partido Popular conqueriu en Arxentina e Uruguai.

 
Noticias Relacionadas
  El PSOE denuncia pucherazo del voto del emigrante en dos municipios de Ourense a cargo de alcaldes populares
 
 

O PSOE de Ourense pide á Xunta Electoral a "inmediata suspensión das emisións" da Televisión local de Arnoia

 
21 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Segundo o escrito presentado na Xunta Electoral Provincial por Miguel Fidalgo Areda en nome do PSdeG-PSOE, a televisión local de Arnoia dependente dese Concello “ non só emite para o concello de Arnoia, senón que tamén estende as súas emisións a todos os concellos da comarca do Ribeiro, pertencentes ás Xuntas Electorais de Ribadavia e Ourense”. Estes concellos, segundo o representante do Partido Socialista, son Beade, Avión, Cortegada, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón e Ribadavia
Na denuncia faise constar, así mesmo, que Telearnoia iniciou as súas emisións fai 14 anos, pero nos últimos meses estaba sen servicio. "Curiosamente volveu ás emisións ao mesmo tempo que a campaña electoral", suliña o representante do Partido Socialista, quen engade na denucnia que " partir do inicio das novas emisións hai que salientar que é utilizada unicamente como un instrumento ao servizo do Partido Popular".

Este proceder o fundamenta o Partido Socialista na propia programación da Televisión local de Arnoia: "a retransmisión en directo da presentación íntegra dos candidatos do PP na comarca do Ribeiro, e silenzo absoluto sobre actos dos partidos que concorremos ás eleccións municipais nos distintos municipios, a excepción dos do PP", sinala Fidalgo Areda.
Esta situación considérase "especialmente grave" nos feitos que acaeceron entre Dende o PSdeG-PSOE considérase moi grave a situación vivida entre as 22:00 e as 23:30 horas do pasado 18 de maio, cando nun programa emitiuse unha entrevista cós candidatos do PP de Beade e de Carballeda de Avia. "No citado programa -reflexa o PSdeG-PSOE na súa denuncia- fíxose propaganda directa do PP, solicitándose expresamente o voto para os candidatos do PP, coa agravante das graves descualificacións que os candidatos referidos fixeron dos seus adversarios políticos".
Neste programa, según a denuncia do Partido Socialista, “proferíronse insultos e descualificacións expresamente aos candidatos do PSdeG-PSOE. En concreto, o alcalde e candidato de Beade chamou "terrorista" ao candidato socialista en Carballeda de Avia e actual alcalde, Luis Milia Méndez.

Fundamentos de dereito e interpretación dos feitos

Sinala a denuncia presentada este luns por o representante do Partido Socialista en Ourense, que no artigo 66 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral referente á publicidade electoral en emisoras de televisión local por ondas terrestres indícase que “o respecto ao pluralismo e aos valores de igualdade nos programas difundidos durante os períodos electorais polas emisoras de televisión local por ondas terrestres, calquera que sexa a forma da súa xestión, quedarán garantidos polas Xuntas Electorais nos termos previstos na lexislación electoral para os medios de comunicación de titularidade pública”.

Esta actuación responde, a xuízo de Miguel Fidalgo, a que “o PP está desesperado polo proceso paulatino de perda do poder absoluto que tivo nestes 30 últimos anos. Despois das eleccións do 27-M serán numerosos os alcaldes do PSdeG-PSOE na comarca, o que posibilitará por vez primeira contar cun deputado provincial socialista do Ribeiro”.
Indica así mesmo o responsable socialista que “os dirixentes do PP viven desesperados porque xa non poden mandar nada que teña que ver co Goberno do Estado nin coas decisións das diferentes consellerías da Xunta de Galicia. Non mandan nin deciden nada. Por iso quedan os ‘talibáns' máis ultras e radicais da dereita. A esta xente só lle queda ameazar dun xeito que o que provoca é risa xa que na súa situación non poden ameazar a ninguén”.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital