Troitiño reclamou a creación dun gran parque en Cudeiro, "un gran parque natural, parque de Baldevola, na parroquia de Cudeiro, considerando que este parque natural xa debería estar creado a estas alturas polas respectivas institución públicas gobernantes", asegurou o candidato do PG.
No barrio de San Francisco, o candidto do PG advertiu dos perxuicios que causaría o trazado convencional do AVE, e pediu un especial tratamento para o barrio neste tema.

 
 

Troitiño pide o Parque de Baldevola para Cudeiro e variar o trazado do AVE para non danar a San Francisco

 
20 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Tres son os asuntos primordiais no barrio de Cudeiro, que hoxe visitou o candidato do Partido Galeguista, a criterio e segundo espuxo aos veciños Antonio Troitiño.
Por unha banda, a creación dun gran parque en Cudeiro, "un gran parque natural, parque de Baldevola, na parroquia de Cudeiro, considerando que este parque natural xa debería estar creado a estas alturas polas respectivas institución públicas gobernantes", asegurou o candidato do PG.
Sinalou así mesmo Troitiño López como "primordial", o tratamento de servicios básicos para o barrio, como a mellora total do alcantarillado. En terceiro lugar mencionou "a entrada da autovía de Lugo, a cal debe ser desplazada da zona da Granxa para evitar os males e perjuicios que lles ocasiona ós veciños da zona", dixo.

No barrio de San Francisco, ao que tamén visitou este domingo o candidato do Partido Galeguista, Troitiño abogou pola retirda da pasarela que hay colocada encima do Parque do barrio.
Así mesmo sinalou que é preciso de atopar unha solución ó problema plantexado polo botellón , "e trataránse de intentar compatibilizar diversión dos mozos e mozas co descanso nocturno do resto dos veciños", engadiu nunha mensaxe moi semellante a que neste senso fixera no Parque Barbaña.
"En todo momento se vai levar a cabo a búsqueda de lugares no que os mozos e mozas poidan troulear sin que esto non perturbe o descanso do resto dos veciños", matizou ao respecto.
Engadiu ademáis a creación dun Centro de Saúde para o barrio, "totalmente olvidado nesta cuestión" segundo Troitiño, quen lembrou ao respecto que "ningún grupo político ata o momento se quixo comprometer a solucionar este problema".

Capítulo aparte mereceu o asunto do AVE, no que o candidato do Partido Galeguista considera rotundamente que "non pode o AVE entrar polo trazado convencional e actual debido a gravedade e importancia dos perjuicios que esto ocasionaría ós veciños do barrio".

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital