O Ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, pasou por Ourense para respaldar a candidatura de Francisco Rodríguez á alcaldía de Ourense.
Optimista ante os resultados, o ministro vencelleu o trifunfo do PSdeG-PSOE o vindeiro 27 de maio a que os ourensáns acudan as urnas.
 
 
Jordi Sevilla: "si los ourensanos acuden a las urnas el próximo 27 de maio, el alcalde de Ourense será Francisco Rodríguez"  
19 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato socialista a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, e o Ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, reunironse este sábado en Ourense con representantes sindicais locais e funcionarios da cidade para explicar o novo Estatuto do Empregado Público.
Previamente, na carpa socialista na rúa do Paseo Jordi Sevilla dirixiuse ós cidadáns e animoulles a votar o vindeiro 27 de maio, “porque todos los votos valen lo mismo y, yo sé que si los ourensanos acuden a las urnas el próximo 27 de maio el alcalde de Ourense será Francisco Rodríguez”, afirmou o Ministro das Administracións Públicas.
Jordi Sevilla falou sobre as diferencias entre uns partidos e outros: “Algunos partidos adoptamos medidas que significan avances en derechos y libertades en nuestro país y, otros sólo ponen obstáculos”. O Ministro de Administracións Públicas vinculou ás eleccións municipais coas políticas que se están a desenvolver a nivel nacional e autonómico en favor da igualdade, da loita contra a violencia de xénero, da dependencia, por citar algunhas. Políticas que precisan da colaboración entre ás diferentes institucións, e sobre todo que “no utilicen las instituciones con fines partidistas, como hacen algunos, perjudicando a los cidadanos”, segundo afirmou Jordi Sevilla.

Seguidamente, o Ministro das Administracións Públicas mantivo unha reunión con representantes sindicais e funcionarios ourensanos para explicarlles o novo Estatuto do Empregado Público. Para Jordi Sevilla: “un país sin una buena administración pública no funciona”. Unha administración con profesionais que non estén sometidos a presións políticas. Referiuse a administración pública como a primeira empresa do pais cun componente empresarial, pero diferente no seu desenrolo á iniciativa privada.
Falou do Estatuto do Empregado Público do século XXI en dereitos e liberdades e, co obxectivo de favorecer a estabilidade laboral, así como un sistema de valoración do traballo dos funcionarios. Adiantou que moitas Comunidades Autónomas precisaban deste Estatuto, para así agora poder abordar a regulación da función pública dun xeito homoxéneo.

As novas tecnoloxías tamén centraron este encontro, segundo informou Jordi Sevilla a situación herdada do anterior goberno en referencia a implantación das novas tecnoloxías é moi desigual entre administracións. “Hay ministerios y autonomías que funcionan muy bien, y otras que no tanto. Utilizaron el lema equivocado el ‘podrá hacerse' de manera que lo hicieron aquellas administraciones que quisieron, en vez del ‘deberá hacerse'”, explicou o Ministro das Administracións Públicas, para quen a telemática suporá un paso moi importante na relación entre os cidadáns e a administración.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital