Para o candidato do Partido Galeguista a alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, os barrios que visitou este venres, Covadonga e O Pino, conciden nunha cousa: son dos máis castigados, maltrtados e abandonados polo Concello de Ourense.
"Os últimos gobernos municipales omitiron e castigaron duramente esta zona da ciudade", dixo o candidato do PG o achegarse este venres as xentes destes dous barrios.

 
 

Troitiño afondou na realidade de dous dos barrios máis castigados de Ourense, O Pino e Covadonga

 
18 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

No caso de O Pino, Antonio Troitiño suliñou que "estes veciños viven nunha zona moi afectada polo mal goberno do Partido Popular en Ourense nos últimos años". Segundo o candidato do Partido Galeguista, O Pino é na actualidade un barrio entre dúas carreteras xerales, duas vías de ferrocarril que o pechan, e a nova delimitación que marcará o AVE e que "marxinará aínda mais a este barrio". E a todo elo, engadiu Antonio Troitiño, "compre ter en conta a discriminación e desigualdade que levou a cabo o Plan de Urbanismo, claramente perxudicial para O Pino".

Ademáis de maiores coberturas para este barrio tamén en materia de limpeza, saneamiento e seguridade cidadá, Troitiño López destacou que "compre modificar e remodelar o PXOM, sobor de todo no que atinxe a determinadas cuestións que perxudican claramente aos veciños".
Segundo o líder do Partido Galeguista en Ourense, "o AVE non pode marxinar mais a este barrio, é preciso remodelar o Campo da Feira e tamén recuperar o Balneario das Caldas, os dos Fábrega Coello, recuperar o Ourense Termal escomenzando por aquí, polo barrio de O Pino". Así mesmo, rotundamente manifestou a necesidade de retirar os matadoiros, tanto o público ou municipal como o privado, e mellorar o servicio de limpeza, "o cal neste barrio disfruta de total indiferencia e desatención".

No barrio de Covadonga, "as autoridades municipais practicaron unha politica discrimanotoria e chea de desigualdades con respecto a estes veciños", sinalou Troitiño. "Tamén hai que reseñar a indiferencia do PSOE, e do BNG no trato que ambos grupos políticos dispensaron a esta zona urbán", engadiu.
Recoñecendo, dixo Troitiño, "a singularidade, sensibilidade e particularide desta zona de Ourense, na que pretende levar a cabo e aplicar en todo momento unha política social de cohesión", o candidato do Partido Galeguista se comprometeu en primeiro lugar a desenrolar unha política de emprego que aplicar especialmente no barrio, así como unha axeitada política de asistencia persoal aos maiores. "Menos gastos en comidas e bailes e mais atención a aqueles maiores que necesitan ser atendidos", sinalou ao respecto Troitiño López.
Neste mesmo senso, Troitiño López prometeu a creación de un centro cívico de barrio para Covadonga e un tanatorio, na zona coñecida como Concello de Canedo, concretamente.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital