O candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, manifestou este xoves o seu compromiso de convertir o futuro Palacio de Congresos de Ourense nunha “casa das letras e as ciencias, e o cerne da cultura galega que Ourense sempre foi”.
O futuro Palacio de Congresos de Ourense está previsto ubicalo no campus universitario da cidade.

 
 

Quinta medida estrela do PSOE:
Convertir o futuro Palacio de Congresos en Casa das Letras e as Ciencias

 
13 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Francisco Rodríguez asegura que o Palacio de Congresos “non será un edificio máis, senón un centro de referencia da cultura galega” e, para elo, crearase un padroado no que haberá distintos representantes da universidade e a cultura ourensana, e disporá dun equipo xerente, que se encargará da realización dun plan estratéxico de dinamización cultural, no que se de cabida as distintas manifestacións das ciencias e as letras galegas.
En concreto, a intención do candidato socialista á alcaldía de Ourense é potenciar a celebración de xornadas e congresos de investigación de ámbito nacional e internacional, en colaboración coa Universidade de Vigo e a vicereitoría do campus ourensán.

“Quero convertir a Ourense na porta de entrada en Galicia da cultura e a investigación de ámbito nacional e internacional, o lugar de intercambio de experiencias comúns no eido cultural, e nun elemento dinamizador do turismo científico que, sen dúbida, contribuirá a consolidación de máis prazas hoteleiras na cidade”, asegurou Francisco Rodriguez.
Neste sentido, o lider socialista ourensán sinalou que esta potencialidade termal incidirá na organización de varios encontros internacionais e suporá un revulsivo para a hostelería e o comercio de Ourense. Francisco Rodríguez contribuirá a profesionalización da promoción turística da cidade, de acordo co compromiso que adquiriu esta semana con representantes do sector turísticos duranta unha reunión con touroperadores.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital