Coma o resto dos candidatos, o do Partido Galeguista tamén se sumou aos xantares en Santa Cruz deste 17 de maio.
Logo, Troitiño López acehgouse a San Pio X, preto de Mariñamansa, onde por primeira vez no que vai de campaña o candidato do PG abogou pola atención domiciliaria en vez das residencias para os maiores.
 
 

Troitiño aboga cos maiores de San Pío X pola atención domiciliaria en vez das residencias

 
17 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

No barrio de San Pío X, o candidato do Partido Galeguista, Antonio Troitiño, mantivo unha conversa coas persoas mais maiores sobre a necesidade de desenrolar e debuxar un plan de atención domicilaria para os mais vellos. Plan que afectaría a un 30% da población ourensá maior de 65 años, sinalou Antonio Troitiño.
"Este plan de atención domiciliaria permitiría ós nosos maiores vivir con dignidade nas suas casas e non nas residencias da terceira edade, sendo estas últimas o destino final e ineludible cando deixan de ser productivos", dixo o candidato do Partido Galeguista.

Así mesmo, cos veciños do barrio de San Pío X tamén se trataron cuestións de carácter xeral e básicas, como por ejemplo o grave e constante abandono dos barrios desta cidade. Nesta reunión levada a cabo cos veciños falouse sobre a creación dun espacio de ocio e un centro cívico de barrio. Este espacio de ocio sería construído na finca da Diputación, e estaría composto por: ludoteca, biblioteca, local social, e oficina de servicios sociales.
Troitiño López tamén se comprometeu a levar a cabo a construcción dunha piscina cuberta, cuestión largamente reclamada e solicitada polos veciños do barrio, "pero cuestión tamén sempre e largamente desatendida polas diferentes autoridades do concello de Ourense", precisou o candidato do Partido Galeguista.
Tamén se recolleron necesidades de carácter xeral para o barrio e que "novamente volven a por de manifiesto o estado de abandono no que viven os diferentes barrios da cidade", segundo Troitiño. Necesidades que van tamén aquí desde mellorar a limpeza hasa ampliar os espazos verdes e de xardíns, pasando por crear aparcamentos para os residentes e incrementar a presenza policial.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital