Un xardín botánico, con un parque forestal e un observatorio ambiental, son algunas das medidas previstas polo candidato socialista a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, para a zona de Montalegre, e que espuxo este mércoles o candidato do PSdeG-PSOE.
 
Noticias Relacionadas
  PRESENTACIÓN do Proxecto
 
 
O PSOE propón convertir en xardín botánico e parque único en Galicia O Montealegre  
16 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Partido Socialista de Ourense pretende convertir Montalegre nun parque ambiental único e de referencia en Galicia, cunha actuación integral nun entorno superior as cinco hectáreas de monte, que dará emprego tanto a persoal técnico como ás diversas cuadrillas especializadas, que estarán encargadas do manteñemento e conservación das múltiples especies das que se pretende dotar o parque.
Ademais das zonas adicadas ás especies autóctonas, habilitaránse espazos específicos con especies foráneas e outras exóticas, representativas da flora nacional e universal, hortos didácticas, zonas de rocallas e diferentes masas arboradas. O xardín botánico tamén contará cunha zona cuberta -mediante un invernadoiro de estructura singular- que albergará un “mariposario”, con bolboretas procedentes de distintos hábitats.

Rodríguez dí que pretende convertir Montalegre nun lugar de ocio e entreteñemento, pero tamén nun centro didáctico e educativo de referencia dentro das ciencias naturais e medioambientais en Galicia, para o que se disporá dun equipo de monitores e visitas guiadas.
Unha actuación integral na que tamén se contempla a mellora dos accesos (tanto pola zona de Santa Mariña, a través da rotonda que conectará coa circunvalación da cidade, como pola rúa Canle, que parte dende o Auditorio) e o establecemento dunha liña de autobús de conexión directa e permanente co parque. Igualmente, fixaranse rutas de sendeirismo para achegarse ata o parque.
Esta previsto solicitar, ante o Organismo competente, e ó amparo da Ley de Espacios Naturales, que a zona sexa declarada como “espazo natural de interese local”.
De tódolos xeitos, o xardín botánico tamén quedará aberto a colaboración das institucións, empresas e particulares de Ourense e Galicia, que poderán “apadriñar” algunhas das multiples especies previstas para a zona.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital